Arquivo para Xaneiro 2022
Próxima Saída – Domingo 23-01-2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 20 Xaneiro, 2022
Este domingo 20 de xaneiro terá lugar un novo roteiro. O lugar escollido é o Monte Grelo
O percorrido é circular, de dificultade baixa e dunha distancia de case 9 km
Aquí podedes ver parte do itinerario en Wikiloc – Percorrido da Ruta

Debido a situación pandémica non quedaremos a comer.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 21 de xaneiro.
Curso de rastro mes de xaneiro
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Cursos o 4 Xaneiro, 2022
O día será o domingo 9, as 10:00 da mañá.
O lugar será o mesmo que nas últimas ocasións ao lado da Igrexa de Santa María de Cardama, no Concello de Oroso.
Este é o lugar:
https://goo.gl/maps/KUFyUbcN1xgUdEuU7
Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases.
O curso e gratuito para os socios.
Os non socios podedes contactar con nos en info@cans.gal para coñecer todos os detalles.