Arquivo para Febreiro 2023

Ruta Alto San Bieito

Este domingo 26 de febreiro teremos unha nova saída.

Dependendo do tempo faremos unha das seguintes rutas (na mesma zona ambas)

Saída dende Bustelo

Saída dende Portela

O mais probable é que salgamos dende Bustelo, punto de encontro na capela.

Importante!! Os que vos apuntedes estade atentos ó blog.

A dificultade e media/alta segundo o tempo.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 24 de febreiro

14 Comentarios

Ruta Santuario de Gundián

Este domingo 12 de febreiro teremos unha nova ruta, esta vez no concello de Vedra

Podedes ver a ruta aproximada aquí

A distancia aproximada é de uns 9 Km dificultade media

Temos mesas onde se pode quedar a comer

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 10 de febreiro

24 Comentarios

Curso de rastro mes de Febreiro

O domingo 5 de febreiro teremos unha nova edición do curso de rastro.

Esta vez desfrutaremos do entorno das Torres de Altamira

Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases.

O curso e gratuito para os socios.

Os non socios podedes contactar con nos en info@cans.gal para coñecer todos os detalles

Deixar un comentario

A %d blogueros les gusta esto: