Arquivo para Maio 2016
Aulas de Educación Concello de Teo
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cursos o 30 Maio, 2016
Nas próximas 4 semanas o Concello de Teo en colaboración con Só lles falta falar organiza unhas Aulas de Eucación Canina que serán impartidas pola Especialista en Conducta Animal, María Sabell.
As persoas que desexen asistir teran que chamar por tfno ao Concello 981 809 707
Lugar: Parque dos Tilos, ao lado da pista de Baloncesto.
Hora : de 19:00 a 21:00hrs
Na páxina do Concello de teo encontrarás máis información.
http://www.concellodeteo.com/actualidade/axenda_det.php?id=1668&lg=gal
Fin de Semana en Oscos
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas, Sin categoría o 19 Maio, 2016
Este fin de semana desprazarémonos a Oscos para pasar a fin de semana entre osos.
O Sábado faremos unha ruta tipo mobo (mochila bocadillo) duns 14 Km apróximadamente.
E o Domingo a ruta será curta para poder facer a comida na casa.
A partir do Venres ao mediodía pódemos ir para a casa, aquí vos deixo a dirección para poder chegar ao sitio.Poñeremos unha hora o Venres pola tarde para os que queiran sair en grupo.
Nos comentarios xa nos imos organizando.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- No aparcamento abaixo do Hipercor.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
RAZO – CAIÓN 8 Maio 2016
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas, Sin categoría o 3 Maio, 2016
Este Domingo 8 de Maio, antes de meternos de cheo na tempada de baño, volveremos a facer a ruta Razo – Caión.
Sairemos da praia de Razo e percorreremos os 4 km de praia ata Baldaio, logo de Baldaio a Caión, o camiño discorrerá por sendeiros e pistas todo pola costa.
A comida será na área recreativa de Caión.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres 6 de Maio.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.