Artigos coa etiqueta Good neighbours

Saída a Boqueixón

BoqueixonBos días a todos!

Esta semana comeza cunha boa nova, o próximo domingo día 2 organizamos unha nova saída do Club de cans de familia Só lles falta falar!
 
O destino deste fin de semana será Boqueixón, ben preto de Santiago así que agardamos que todo o mundo se apunte que é un lugar bastante céntrico para os socios que temos repartidos por toda Galicia.

Sen máis aquí vai a información da ruta:
O punto de partida desta ruta circular de aproximadamente 10 Km será o merendeiro en Subcira (ó lado do Ulla). Durante o paseo poderemos ver as pontes sobre o río Ulla e algunha que outra fervenza.

Agardámosvos a todos en esta agradable saída.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 31 de Maio.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Advertisements

, , , ,

11 Comentarios

Ruta polos parques de Santiago

Comezo da ruta no parque do Paxonal

O domingo 11 de Setembro imos a facer unha ruta polos parques de Santiago. O punto de partida será o parque do Paxonal (o que está por baixo do Hipercor). Dende aí faremos escala en Conxo, logo dirixirémonos cara o Campus. Visitaremos tamén a ruta que transcorre polas marxes do río Sarela que para todos os que non a teñades descuberta é unha ruta espectacular Ler o resto desta entrada »

, , ,

7 Comentarios