Arquivo para Xaneiro 2018
Nerd Nite
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Xeral o 31 Xaneiro, 2018
O próximo mércores terá lugar outra das conferencias da Nerd Nite.Como é habitual, 3 conferenciantes expoñerán os seus temas do máis didáctico e variado.
Nesta ocasión, e como primeira conferenciante, María Sabell, Especialista en Conducta Animal, falaranos do que aos de Só lles falta falar máis nos importa, os cans, nunha charla que leva por título : ” Como atopou o can ao home? ”
Data: mércores, 7 de febreiro
Lugar : Cafetería do Auditorio de Galicia (Avda. do Burgo das Nacións, S/N)
Hora: 21:00 hrs
Se queredes saber máis sobre a Nerd Nite podedes entrar na seguintes direccións web:
Saída Bálsoma – Santiago
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 24 Xaneiro, 2018
Este domingo 28 de xaneiro, como seguimos sen neve iremos á zona de Bálsoma na zona de Chaián (Santigo).
A ruta é duns 11 km de lonxitude de dificultade media e será Ruta circular.
Podedes encontrar máis información sobre o roteiro no seguinte enlace do Wikiloc:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-norte-santiago-5206106
Adelantamos tamén as datas das próximas saídas:
- 18 febreiro: Serra de Candás (Forcarei)
- 4 marzo : Caión / Baldaio, ida e volta (Laracha-Carballo)
- 18 marzo : Pena da auga nas brañas do Xestoso (Silleda)
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 26 de xaneiro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.
Novo Can de Asistencia
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Artigos o 19 Xaneiro, 2018
A semana pasada, comunicábannos unha fantástica noticia. A Margarita e á súa cadela Iza, membros da asociación ‘Só lles falta falar’, foilles concedida pola Xunta de Galicia a Autorización para o acceso ao contorno das persoas con discapacidade acompañadas de cans de asistenccia.
Qué quere dicir isto?
Pois este permiso, autoriza ao guía e ao seu can, neste caso a Margarita e a Iza a poder permanecer en calquera lugar, establecemento ou transporte público con independencia da súa titularidade pública ou privada.
Esta autorización concédeselle a persoas que necesiten estar sempre acompañadas do seu can. Neste caso, Margarita necesita a presenza de Iza tanto emocional como físicamente e iste e o motivo polo que Margarita se embarcou nesta aventura.
Margarita leva traballando moito tempo co Centro de Conducta animal (centrodeconductaanimal@gmail.com) na educación de Iza para poder alcanzar o certificado de aptitude.
Este é o modelo que a Asociación ‘Só lles falta falar’ leva defendendo dende os seus comezos. Que certificando unha boa educación e bo manexo poidamos convivir con NORMALIDADE co noso can de familia. E non estamos falando so de persoas coma Margarita que necesitan as 24 hrs o seu can consigo senón tamén que os propietarios de cans que demostremos que o noso can é apto, poidamos tamén acceder a establecementos e ao transporte públicos.
Por iso seguimos traballando para que a administración instaure o sistema de GOODNEIGHBOURS ou DISCO VERDE (Proposta Bo Cidadán Canino)
Os nosos Parabéns Margarita!!!!
OUTRO MODELO DE CONVIVENCIA É POSIBLE !!!
Colaboración con Down Compostela
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Soporte terapéutico o 15 Xaneiro, 2018
A Fundación Down Compostela constituíuse formalmente o 3 de febreiro de 2006 co obxectivo xeral de realizar todas cantas actividades contribúan a mellorar as condicións e a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down, procurando a súa plena integración familiar, escolar, social e laboral; e o desenvolvemento dunha vida normal, nun marco de solidariedade respecto doutras discapacidades.
Por todo isto e dende fai xa varios anos, Só lles falta falar cos seus cans de soporte terapéutico ven colaborando ca asociación Down Compostela en diversos traballos tanto no propio centro como desenrolando actividades ao aire libre por toda a cidade de Santiago de Compostela.
En todos estas visitas os cans cos seus guías desenvolven traballos de soporte físico, cognitivo, axuda á memoria, mellora da comunicación, etc…
Web Down Compostela : http://www.downcompostela.org/
Entrevista Tvg sobre a nova Lei de Protección Animal
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Xeral o 12 Xaneiro, 2018
Como comentabamos o pasado 8 de xaneiro, onte, 11 de xaneiro de 2018, entrou en vigor a nova lei de protección e benestar animal dos animais de compañía en Galicia.
Para falar de diversos aspectos desta lei, foi invitada aos informativos da mañá da TVG (Bos dias) María Sabell, Especialista en Conducta Animal.
No seguinte enlace podedes ver a entrevista completa:
http://www.crtvg.es/informativos/maria-fabell-especialista-en-conduta-animal-3605259
Por se non o virades, deixámosvos aquí abaixo o enlace para descargar a nova lei:
Lei 4_2017 de 3 outubro de protección e benestar animal dos animais de compañía en Galicia