Arquivo para Xuño 2017

Roteriro Toxosoutos_Lousame

Este domingo 25 de xuño o roterio discorrerá polo Concello de Lousame.

E con este calor, a mellor opción é rodearse de auga e sombra, polo que percorreremos as ribeiras dos ríos Vilacoba e San Xusto.

Se vos queredes bañar teremos sitio habilitado, así que preparade o traxe de baño.

A lonxitude será duns 10 km e dificultade media-baixa.

Toxosoutos_Lousame

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 23 de xuño.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

 

 

26 Comentarios

Roteiro polo Castro Lupario-Rois

O próximo domingo 11 de xuño ímonos de ruta por terras de Brión, Rois e Teo.

A ruta, que é circular duns 10km e practicamente cha, comeza nunha pequena área recreativa (onde podemos xantar) preto do Pazo do Faramello e a aldea Angueira de Castro. Pasaremos a carón do río Tinto e camiñaremos un anaco do camiño de Santiago portugués ata a carballeira do Faramello ( onde hai un magnífico cruceiro gótico) Pasaremos pola ponte que cruza o río Tinto (Ponte de Moros ou de Paradela), de feitura romana, probablemente construído na Idade Media.

Subiremos a un pequeno monte con fermosas vistas do Val da Mahía (non é moita subida) Dende alí á carballeira de Santa Arandel e de volta pola aldea de Xinzo e Angueira de Castro ( unha aldea preciosa! sen feísmo!)

castro lupario_Rois

Sobre o Castro: ( que desgraciadamente non se pode ver, xa que está sen rozar e non se pode chegar )

… conta a lenda xacobea medieval que era aquí  onde tiña a sua residencia a Raiña Lupa cando os discípulos do Apóstolo Santiago trouxeron a enterrar os seus restos a Galicia. Hoxe en día pode verse dentro do recinto do castro, capital da tribo dos Amaeos, restos de muros, a maior parte posiblemente medievais, entre os que destacamos unha construción rectangular de case 70 metros de longo por uns 40 de ancho. Recentemente foi declarado  Ben de Interese Cultural.

Podedes encontrar máis información no seguinte enlace: https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5700632 Ler o resto desta entrada »

16 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: