Arquivo para Xullo 2013
Saída río Traba
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 30 Xullo, 2013
O próximo domingo 4 de Agosto teremos unha nova saída. Achegarémonos ata o concello de Lousame
De novo faremos unha ruta circular. Durante o percorrido camiñaremos xunto ó río Traba polo camiño dos pescadores. Ó comezo da ruta temos un área recreativa e poderemos ver as ruínas de varias antigas fábricas de papel durante a marcha.
Se o tempo acompaña non dubidedes en levar roupa de baño pois hai varios puntos no percorrido que de certo animan ó baño.
A saída é duns 10 km aproximadamente e de dificultade media-baixa así que xa vos estades a animar!
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 2 de Agosto.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Tarta de améndoa
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Instrucións Culinarias o 13 Xullo, 2013
Ola a todos, nesta nova sección do blog atoparedes as indicacións e todo o que precisades para emular as comidas estrela que os socios levan ás saídas. E por suposto todos podedes enviar as vosas á dirección do blog (blog@sollesfaltafalar.org) para que as publiquemos.
E xa para comezar, a primeira será a tarta de améndoa cortesía de Pablo, Noa e Seville.
INGREDIENTES: Para a tarteira de 30 cm de diámetro
– Recipiente / molde de aluminio onde vamos a meter a mestura.
– 10 ovos
– 1/2 Kg. de améndoa moída
– 1/2 Kg. de azucre
– 1 limón Ler o resto desta entrada »
Saída Malpica
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 10 Xullo, 2013
Para loitar un pouco coas temperaturas destes días o próximo domingo 14 de Xullo achegarémonos ata Malpica.
Esta é unha ruta circular de aproximadamente 8 km. É unha ruta que poderemos completar en algo menos de 3 horas e que transcorre pola praia do centro do pobo, pola costa pasando polo monte ata a ermida de San Adrián.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 12 de Xullo.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.