Arquivo para Abril 2014

Ruta Río Mendo (Betanzos, Oza dos Ríos-Cesuras)

O próximo Domingo 4 de Maio, e aproveitando o bo tempo que nos espera, desplazarémonos ós Concellos de Betanzos e Oza dos Ríos – Cesuras para percorrer a beira do río Mendo.

 

Rio Mendo Betanzos_Oza dos Ríos_Cesuras

Podedes ver e descargar a ruta no seguinte enlace do wikiloc de Só lles falta falar : http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3651486

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 2 de Maio.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

9 Comentarios

Ruta dos 3 ríos-Touro

Despois desta Semana Santa, comezamos a tempada Primavera/Verán con unha nova saída, Domingo 27 de Abril.
Será a dos 3 ríos no Concello de Touro. Faremos unha ruta circular por parte da ruta oficial dos 3 ríos.ruta Touro

Podes comprobar a ruta no seguinte enlace : http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2886192

Por se tes algunha ruta preparada e queres sumarte, no web do Wikiloc , o Club ten subidas unhas 45 saídas co seu percorrido, coordeadas, etc…

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 25 de Abril.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , , , ,

12 Comentarios

A correr co noso can!

‘Só lles falta falar’ crea unha nova actividade.

Para os máis deportistas, ainda que isto será apto para case tódolos públicos,

Xa se achega o verán e empezaremos coa operación bikini:
Queremos ofrecer a posibilidade de correr co teu can. Se hai interese podémolo facer tódalas semanas.
En principio intentarémolo por primeira vez este sabado 5 de Abril ás 12.00, xa que a partir de agora mellorará o tempo (esperemos).

Depende de quen se apunte, pero a idea é de que sexa unha actividade de correr suave, tamén para principiantes.

O traxecto será prácticamente plano e cun percorrido de 7 km (ata unmaximo de 10) – Duración entre 40-65 min. Os cans poden andar soltos en practicamente todo o camiño que no 85% é de terra.

Punto de encontro: aparcadoiro do Pedroso debaixo da “Granxa de Sexto” – (onde hai a retonda e remata a estrada, é a estrada que sobe dende Galeras pasando por Monte Pio).

Data e hora: Sábado 5 de Abril ás 12:00hrs

Os que queiran probar a nova experiencia que se apunten en : A correr co noso can!

A correr co noso canAnimádevos!

14 Comentarios