Arquivo para Novembro 2017
Ruta por Traba-Lousame
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 28 Novembro, 2017
Este domingo 3 de decembro repitiremos a ruta de Traba, no Concello de Lousame.
A ruta será por Traba, duns 7 km apróximadamente. Podedes encontrar máis información da mesma no seguinte enlace:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 1 de decembro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.
Programa de Becarios
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Artigos o 27 Novembro, 2017
Preguntarédesvos que é o programa de Becarios. Pois esta medida, por chamala de algunha maneira, saleu dun problema ao que lle levabamos dando voltas dende fai tempo e que era o seguite: A devolución de cans aos refuxios aos poucos días de adoptalos.
Ocorréusenos que podiamos axudar a eses adoptantes dalgunha maneira e tamén contribuir a vaciar un pouco máis os refuxios, evitando esas tan habituais devolucións, debidas en maior medida, á falta de coñecementos para manexar o can ou por escoller un can non adecuado para as necesidades do adoptante.
Por todo isto, Só lles falta falar ofreceuse cun arcordo co Refuxio de Bando e o Concello de Santiago a becar a un can mensualmente e ofrecerlle a ese adoptante aulas de esducación gratuitas e asesoramento no momento de escoller o can.
Despois destes meses levamos varios cans becados e gracias ao traballo do Centro de Conducta animal sabemos que Arnold, Bruce, Django, Lola, Nuka, Lizy, happy e Sinda pasarán unha boa vida coas súas novas familias.
Polo tanto, se estás pensando en adoptar a un can, xa sabes que se o fas no Refuxio de Bando e o desexas, vas a contar coa nosa axuda.
Para ter un can, haino que coller de pequeno?
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Artigos, Educación e manexo dos cans o 14 Novembro, 2017
A boa convivencia cun can, non ven determinada pola idade do mesmo, as estatísticas de agresión dentro da familia determinan que a maioría dos cans son levados ás casas en idade temperá.
Pola contra, aparece unha porcentaxe de agresións moito menor en cans de familia adoptados con máis dun ano.
Os informes dos hospitais, centros de saúde e dos profesionais da conduta animal desminten este mito.
É moi común considerar que se metemos na casa un cadeliño, sobre todo se vai ter máis de 20 kg, cando medre, poderemos dominalo.
A consideración de ter que “dominalo” en lugar de entendelo da lugar a esta crenza.
O que ocorre é que non entendelo supón que non se interpretan correctamente os seus comportamentos, ainda que o can os manifeste.
Mentres o canciño é pequeno e bebé, podemos exercer toda a presión que queiramos e o bebé parécenos moi gracioso ainda que xa teña comportamentos agresivos, non son interpretados como tales. É moi habitual que os canciños intenten calmarnos dándonos sinais de calma que non entendemos e non respetamos. Cando os sinais de calma non funcionan os cans pasan á agresión; á familia esta resposta agresiva sorpréndelle, parécelle que foi de repente, cando non foi así.
O canciño díxonos dende o primeiro momento como entendía a relación coas persoas.
Consideramos imprescindible entender “idioma can” para non chegar a ter problemas de convivencia; esta é a clave para entender porqué son menos os problemas de agresividade e convivencia da xente que colle cans de máis idade.
A decisión de coller un can adulto é máis habitual na xente que ten experiencia con cans, e mantén con eles relacións de entendemento, non de presión.
Antes de meter un can na casa fala con nós.
María Sabell Sierra.
Especialista en conducta animal.
Andaiana Apoio Pobo Saharaui
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 13 Novembro, 2017
Este domingo 19 de novembro temos unha saída especial. Apoiaremos unha iniciaciva da asociación ‘Solidariedade Galega co Pobo Saharaui’ que consistirá nunha andaina pola ruta de Riamonte no Concello de Ames.
Os non socios de Só lles falta falar que queiran participar na saída terán que chamar a :
Marta : 646 32 06 60 ou Esther : 609 76 49 45
A inscripción son 5€ por adulto, 3 € por neno e 1€ por can no caso de levalo.
Para os socios de Só lles falta falar será suficiente apuntarse no Blog do Club, non é necesario chamar aos números indicados.
O pago da actividade realizarase no lugar da saída.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
____________________________________________