Arquivo para Marzo 2016
Tambre_Camiño Inglés 3_04_2016
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas, Sin categoría o 30 Marzo, 2016
O próximo Domingo 3 de Abril, e despois dunha parada con Semana Santa e Curso de Rastro incluído, realizarmos unha ruta pola parte norte do Polígono do Tambre (Bálsoma, Formarís,…)
Percorreremos a ponte abandonada da antiga vía de tren da ruta Santiago-Ordes e tamén partes do Camiño Inglés.
No seguinte enlace podedes ver o percorrido e máis información sobre o mesmo.
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5206106
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres 1 de Abril.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Curso de Rastro 12-13 Marzo
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cursos o 2 Marzo, 2016
O fin de semana do 12-13 de Marzo, Só lles falta falar organiza un curso de rastro que será impartido por María Sabell, Especialista en Conducta Animal.
O curso é apto par tódolos cans, independientemente de se xa rastrexaran algunha vez ou non.
Combinaremos a parte práctica en zonas urbanas e de monte. O Domigo pola mañá tamén poderán asistir persoas que non asisten ao curso, xa que faremos pistas de rastro polo monte ó mesmo tempo que a realización dunha ruta.
Aquí vos queda o enlace donde teredes toda a información detallada de como se impartirá o curso.
Calqueira dúbida que teñades sobre o mesmo, podedes chamar ao 651352534 ou mandar un correo electrónico a info@sollesfaltafalar.org.