Arquivo para Setembro 2011

Saída Sequeiros-Sil

Dende a delegación de Ourense chega unha nova proposta para pasar unha fin de semana cos nosos cans no mes de outubro.

As datas serian as da fin de semana do 14, 15 e 16 de outubro. O destino, os Sequeiros e o río Sil.

O plan para a fin de semana é chegar á casa rural o venres á tardiña, o sábado empregarémolo para facer a ruta de Os Sequeiros e o domingo achegarémonos ata os miradoiros do Sil.

mapa da rota

Adicaremos o sábado a facer a ruta dos Sequeiros Ler o resto desta entrada »

, ,

37 Comentarios

Ascensión ao monte Pindo

O próximo día 25 de setembro faremos unha saída MoBo na que levaremos a cabo a ascensión ao monte Pindo, seguindo o roteiro que vai dende a aldea de O Fieiro (concello de Mazaricos) ata a Moa, o punto máis alto da barreira montañosa (627 metros de altitude). Ler o resto desta entrada »

19 Comentarios

Outro modelo de convivencia é posible (II)

 

A correa non é, como parecen dar a entender as normativas que nos obrigan a acatar, a panacea, a solución a tódolos problemas. Unha correa é unha ferramenta e, como tal, debe ser usada de xeito responsable e con coñecemento de causa. Un mal uso deste instrumento de control pode traer consigo consecuencias nefastas. Non é un substituto do adestramento. O can ten que aprender a andar á correa do mesmo xeito que aprende a camiñar solto pegado á perna do seu guía. Un animal que tira esaxeradamente da correa é un animal descontrolado, con independencia de que estea amarrado ou non, e un animal que non está baixo control é un perigo.
Unha correa mal manexada tamén pode ser causa de accidentes. Un tirón repentino pode provocar unha caída, ou mesmo unha lesión grave no pulso ou na man, por non mencionar máis que dúas situacións que se producen con frecuencia. Ler o resto desta entrada »

1 comentario