Arquivo para Xuño 2018

Cans de Asistencia

Despois de un proceso de traballo co can e a presentación da documentación pertinente, Iza e Milka, acadaron o seu certificado de Cans de Asistencia, o que significa que están acreditadas pola Xunta de Galicia para poder acompañar aos seus guías en todo momento.

Esta semana, fixeron unha viaxe do máis completa saindo de Santiago hacia A Coruña en tren e logo xa no destino utilizar o bus urbano.

 

Esto que é noticia, dende “Só lles falta falar” pensamos que debe ser o normal, poder acceder con normalidade aos medios de transporte e edificios públicos e non só as persoas con limitacións de movilidade senón tamén a aqueles propietarios de cans que demostren que o seu can é apto e así poder desprazarte pola cidade con libertade.

Se precisas un can de asistencia, “Só lles falta falar” pódeche axudar e guiarte en todo o proceso que vai dende obter o can, preparalo e presentar toda a documentación necesaria.

Con todo isto queremos dicir que:

Outro Modelo de Convivencia é Posible !!

2 Comentarios

Ruta por Traba – Lousame

Este domingo 1 de xullo, continuamos cos noso roteiros. Iremos ao Concello de Lousame a percorrer as beiras do río Vilacoba polo lugar de Traba.

Rio Vilacoba Lousame

A distancia da ruta será duns 8 km aprox. e de dificultade media.

No seguinte enlace poderedes atopar máis información sobre o percorrido.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350

 

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 29 de xuño.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

21 Comentarios

Saída do Banquete de Conxo

Este domingo 17 de xuño realizaremos unha ruta un pouco diferente ao habitual xa que ten unha compoñente un pouco urbana. Trátase da coñecida como o Banqute de Conxo. Se non sabes a que se debe o nome podes mirar o seguinte enlace:

http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/festa-do-banquete-de-conxo

Banquete de Conx0

A ruta sera de nivel baixo-medio duns 8 km de lonxitude aproximádamente. Un percorrido que nace nas aforas do Parque do Restollal e se adentra por Conxo ata o Camiño Portugués.

Nos comentarios do blog especificaremos cal será o punto de inicio e o punto donde quedaremos a comer.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 15 de xuño.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

 

16 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: