Arquivo para Xaneiro 2017

Candidatura

Estimados/as socios/as,

a única candidatura presentada para a asemblea do próximo mércores 1 de febreiro é a seguinte:

PRESIDENTE: DAVID KLEVE

VICEPRESIDENTE: ANU HELENA PITKANEN

SECRETARIO: PABLO FREIRE NOGAREDA

TESOUREIRO: ROBERTO FREIRE HERNANDO

Vémonos na asemblea!!

3 Comentarios

Ruta por Codeseda_ A Estrada

Estreámolo ano visitando as paraxes de Codeseda, no Concello da Estrada.

A ruta será circular e de dificultade baixa-media, completaremos unha distancia de 10-11km para máis tarde comer nos arredores da zona.

ruta-codeseda_a-estrada

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 27 de xaneiro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

 

 

 

 

18 Comentarios

Curso de Rastro 21_22 xaneiro

O fin de semana do 21-22 de xaneiro, Só lles falta falar organiza un curso de rastro que será impartido por María Sabell, Especialista en Conducta Animal.

O curso é apto par tódolos cans, independientemente de se xa rastrexaran algunha vez ou non.

Combinaremos a parte práctica en zonas urbanas e de monte.

Sábado: Comezo do curso en zona urbana de parque.

Domingo: Desprazarémonos a zona de monte, donde se poderán realizar pistas de máis longa distancia.Pola mañá tamén poderán asistir persoas que non asisten ao curso, xa que faremos pistas de rastro polo monte ó mesmo tempo que a realización dunha ruta.

Aquí vos queda o enlace donde teredes toda a información detallada de como se impartirá o curso.

Calqueira dúbida que teñades sobre o mesmo, podedes chamar ao 651352534 ou mandar un correo electrónico a info@sollesfaltafalar.org.

curso-de-rastro-2

curso-de-rastro_21_22-xaneiro-2017

2 Comentarios