Arquivo para Outubro 2018

Saída Sigüeiro polo Tambre

Ola a todos, este domingo 21 de outubro teremos unha nova saída.

Será preto de Santiago, no Concello de Oroso en Sigüeiro onde pasearemos pola beira do río Tambre. Percorreremos un lado do río á ida e outro á volta.

A ruta é de dificultade baixa-media, sen desnivel e duns 12 km. Non se espera chuvia e parece que imos a ter un día agradable.

Está é a ruta que imos seguir:

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 19 de outubro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

26 Comentarios

Un Can de Asistencia no cole

Despois de meses de traballo co seu can Marshall, Gisela xa pode asistir con el ao seu centro escolar, o CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro.

Marshall é un can de asistencia habilitado pola Xunta de Galicia que pode acompañar á nena a todas partes.

A calma que lle transmite o can permítelle centrarse e manter a atención nas clases así como non necesitar tanto persoal para o seu coidado.

María Sabell, especialista en conducta animal, xunto ca Fundación Down Compostela supervisan a integración do can no centro e ensíñanlle tanto aos mestres como ao resto dos alumnos como relacionarse con Marshall.

Queremos dar a coñercer este evento públicamente para facerlle saber á xente que adestrar un can para asistencia (soporte físico, sóporte emocional, alerta médica) é posible e que dende a Asociación “Só lles falta falar” pódémolo axudar en todo o traxecto.

Temos que agradecer tamén á financiación da Fundación ‘La Caixa’, que fixo posible este proxecto.

Nos seguintes enlaces de prensa escrita e televisión, podedes ver máis información.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-3921985?t=2581

Presentación Marshall

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/10/02/marshall-mejor-companero-clase/0003_201810G2P289910.htm

https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/un-perro-asistencia-ayuda-adaptarse-alumna-orosana-gisela/idEdicion-2018-10-02/idNoticia-1139922/

 

 

Deixar un comentario