Arquivo para Xuño 2019
Saída Monte Fraga-Lousame
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 26 Xuño, 2019
Este domingo 30 de xuño acercarémonos ao Concello de Lousame para facer un roteiro polo Monte Fraga e Monte Culou. Parte do traxecto será á beira do río San Xusto.
O percorrido é circular dunha distancia de 10 km e dificultade media.
Podes ver máis información sobre a ruta no seguinte enlace:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-toxosouto-culou-san-xusto-10242490
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 28 de xuño.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.
Roteiro Fervenza das Hortas-Arzúa
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 5 Xuño, 2019
Este domingo 9 de xuño, temos un roteiro especial. Acompañarannos alumnos do Colexio Nuestra Sra. del Rosario de Arzúa. Centro no que Só lles falta falar leva desenrolando, cos cans de soporte terapéutico, traballos de apoio escolar.
A ruta a facer será un tramo do Roteiro Fervenza das Hortas (Pr-g 169) en Arzúa.
Adaptarémola a un tramo circular duns 7 km de distancia e de dificultade media-baixa.
O xantar será na área recreativa de Ribadiso.
No seguinte enlace poderás ver o punto de inicio da ruta:
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 7 de xuño.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.
Aulas de Educación Canina e Taller de perderlle o medo aos cans
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cursos o 4 Xuño, 2019
Se eres veciño de Santiago de Compostela, xa te podes apuntar nas actividades que ‘Só lles falta falar‘ vai impartir dentro do programa de Orzamentos Participativos do Concello de Santiago.
Aulas de Educación Canina:
datas: en xuño e xullo de 17:00 a 19:00hrs
Lugar: Parque do Paxonal
Taller de perderlle o medo aos cans:
datas: Os venres ás 19:00
Lugar: Campus Sur
Inscripcións: dptoxuventude@santiagodecompostela.gal