Artigos coa etiqueta etóloga

Dez preguntas para Ángela Fernández Martínez_etóloga de Rof Codina

1.Cando tiveches o teu primeiro can?

Creo que tiña uns 4 anos…puf!!! xa choveu!

2. Cal é a túa 1ª regra ou consello para educar a un can? e ti, ¿ Como educas ó teu can?

Ante todo ser consistente. É dicir actuar sempre da mesma forma ante as condutas do animal. É a mellor forma de evitar malos entendidos e ansiedades . Ademais traballar moito con el e reforzar as condutas que nos interesan (sempre educando en positivo, claro!).

3. Que opinas da prohibición de levar os cans ceibos?

Paréceme moi adecuada e coido que é unha moi boa forma de evitar accidentes. Aínda que os nosos cans sexan moi educados e moi boíños temos que pensar que se poden achegar a xente que lles pode ter medo e isto non é bo. Por outra parte hai cans que aínda que vaian presos poden reaccionar de forma agresiva con cans ceibos dando lugar a malas experiencias polos dous bandos. E por último, os nosos cans, por moi educados que estean, pódense asustar nun determinado momento e saltar sen querer a estrada e provocar un desastre.

4. Que che parecen programas de TV coma “El encantador de perros”?

Ler o resto desta entrada »

Advertisements

, ,

Deixar un comentario