Arquivo para Abril 2017
Fin de semana-Fonsagrada Abril 2017
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 26 Abril, 2017
Despois de dous anos e medio, este venres 28 de Abril voltamos á Casa da Bastida, no pobo do mesmo nome, A Bastida-Concello da Fonsagrada. Web da casa: http://www.casadabastida.com/index.html
E como este luns é 1 de maio, festivo, os que queiramos poderémonos quedar 1 noite máis.
Para os roteiros temos preparado o seguinte:
Sábado: Ruta ‘Os Pintores’: http://www.afonsagrada.org/pdis/ruta-os-pintores
Domingo: dúas opcións
Opción 1: ‘Seimeira’ (http://www.afonsagrada.org/pdis/ruta-cascada-de-vilagocende) + ‘Forno do Bolo’ (http://www.afonsagrada.org/pdis/ruta-forno-do-bolo)
Opción 2: Ruta de ‘Castañoso’ : http://www.afonsagrada.org/pdis/ruta-de-castanoso
luns: Ruta ‘O Rellouso’ : http://www.afonsagrada.org/pdis/ruta-o-rellouso
Como cada actividade de fin de semana tamén teremos a parte educativa.O domingo pola tarde María Sabell falaranos sobre un concepto cotidiano que nos afecta a todos na convivencia cos nosos cans : “O estrés na vida diaria”
A través do blog organizaremos a viaxe e o que levamos de comer para ter variedade.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Organizarémonos a través do blog.
- Hora de saída:
- Non hai, cada quen sairá según o horario que teña disponible.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o xoves 27 de Abril.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.
Dexo-Serantes(Praia Canabal)-Oleiros
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 5 Abril, 2017
O seguinte roteiro que nos espera será no Concello de Oleiros.Gracias á nosa compañeira Marisa que preparou esta ruta e polo cal, acercarémonos á parte norte de Galicia.
O punto de inicio será no Porto de Dexo (de donde vos deixamos o enlace do navegador) e iremos ata Serantes. Será dunha distancia de 10km e da paisaxe non vou dicir nada, sólo hai que ver a foto.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 7 de abril.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Xornada Saúde(Fademga)/Atención Temprana (Aspanaes)
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades o 2 Abril, 2017
O próximo venres 7 de abril, a asociación FADEMGA (Federación Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual) celebra a xornada “Plena Saúde”.
Só lles falta falar, cos seus cans de soporte terapéutico tamén colaborá na actividade de “Móvete en Compañía, Activide asistida con cans”.
Estaremos de 16:00 a 17:30 hrs axudando aos usuarios nunha tarefa principalmente de soporte físico.
Lugar: Casa das asociacións (edificio Cabes), Salgueiriños-Santiago de Compostela
No seguinte enlace teredes toda a información:
______________________________
Ademáis desta actividade, como ben sabedes, Só lles falta falar realiza tódolos venres a súa actividade de soporte terapéutico cons nenos de Aspanaes (asociación de pais de nenos con trastorno do espectro autista).
Pois este venres 7 de abril a actividade será no centro de Atención temprana da asociación no Edifico “Duques de Lugo” en Lamas de Abade Santiago de Compostela.
A actividade dará comezo ás 18:00hrs.
______
Tódolos socios que queirades participar, poñédevos en contacto connosco en : socios@sollesfaltafalar.org