Arquivo para Marzo 2018

Saída Pena da Auga-Brañas do Xestoso (Silleda)

Este domingo 18 de marzo desprazarémonos ao Concello de Silleda para facer un roteiro polas Brañas do Xestoso.

As brañas de Xestoso son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que está entre os concellos de Forcarei, Silleda e a Estrada. Está preto do río Ulla e do Deza e acolle á lagoa Sacra de Olives e aos prados e brañas de Xestoso.

A distancia será duns 10km aprox. e dunda dificultade media.

Brañas do Xestoso Silleda

Recordade dicir, cando vos anotedes, se pasades polo Hipercor ou ides directos ao punto de Inicio.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 16 de marzo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

40 Comentarios