Arquivo para Febreiro 2024

Proxima saída Domingo 18-02-2024

Este domingo teremos unha nova ruta.

Visitaremos o concello de Lousame cunha ruta partendo da área recreativa de san Mamede

Tedes o perfil da ruta e o punto de inicio aquí

Serán uns 7-8 Km

Temos sitio onde quedar a comer

Organización da saída:

  1. Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  2. Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  3. Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 16 de febreiro

17 Comentarios

Curso de rastro mes de febreiro

Este domingo 4 de febreiro teremos unha nova edición do curso de rastro.

Voltaremos a Boiro inda que nesta ocasión desprazaremónos un pouco máis o noroeste, ó monte de Sandrenzo, xa que no de Vilariño haberá batidas de caza debido o dano sufridos nos cultivos.

No cadro roxo tedes a ubicación de xaneiro e no verde a nova ubicación para este mes.

Novamente poderemos quedar a comer no local que nos cedeu o Concello.

Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases.

O curso é gratuito para os socios.

Os non socios podedes contactar con nos en info@cans.gal para coñecer todos os detalles.

Deixar un comentario