Arquivo para Novembro 2018

Finde na Fonsagrada-Casa da Bastida

Este fin de semana de venres a domingo teremos o segundo fin de semana do ano e será na Casa da Bastida, na Pobra de Burón , Concello da Fonsagrada.

https://www.casadabastida.com/index.html

O venres a partir das 17:00 hrs xa se pode ocupar a casa. Cada persoa irá segundo os horarios que cada un poida.

Ruta de información sábado:
Ruta do Gallol: 15 km dificultade media/alta
É unha das rutas máis espectaculares e fermosas de Fonsagrada e na provincia de Lugo, onde podemos visitar a fermosa Área Natural de Carballido, dentro da Rede Natura e declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO. Conserva unha das mellores formacións do bosque atlántico galego, con numerosos tipos de árbores e arbustos, algúns pouco comúns no resto de Galicia.
Percorremos a ruta e pola dificultade (árbores caídas en toda a xornada) e a dureza, especialmente a segunda parte, non poderemos cubrir todo o percorrido. Tomaremos unha ruta reducida – uns 15 km de ida e volta. (Máis como tipo de globo)
Irémonos a Castro de O Castelo e subiremos ata o muíño e a aldea abandonada de Paradas, probablemente un dos lugares máis illados de Galicia e recorreremos os nosos pasos.
Para aqueles que queren camiñar menos, hai a posibilidade de volver antes e facelo no punto onde nos desviamos cara a vila de Paradas que significaría a metade dunha ruta.
Ruta do domingo: 5 km dificultade baixa
Ruta ou forno do bolo:
Percorrido curto polo galaicoastur de Rivendell.
Está situado en Queixoiro. Ruta moi agradable entre piñeiros, carballos e cinzas cara ao río e algunhas fermosas fervenzas. Entramos no mundo dos hobbits e elfos

Fonsagrada ruta Gallon

Charla de Comportamento Canino:

O domingo despois de xantar e como ven sendo habitual, María Sabell impartirá unha charla que ten como título: O Parámetro Conductual do Equilibrio Emocional.

Nos comentarios do Blog podemos ir dicindo o que levamos de comer para organizarnos un pouco.

19 Comentarios

Carreira “5 Km solidarios”

O próximo domingo 18 de novembro terá lugar unha carreira solidaria ca que poderás participar co teu can de familia.

A recadación íntegra será destinada ao banco de alimentos Rias Altas.

data: domingo 18 de novembro

lugar: Polígono de A Grela – A Coruña

Hora: 11:00 hrs.

Inscripción en : https://www.deporticket.com/tcs-detalle-evento/evento/3607-iv-carrera-benefica-5km-solidarios

Carreira solidaria

1 comentario

Os cans como Recurso Educactivo

Dende Nova Escola Galega, propóñennos un interesante obradoiro orientado a tódalas persoas e en especial a tódalas persoas relacionadas co mundo da educación.

Impartido por profesionais de ‘Só lles falta falar’, o que se quere transmitir é o gran abanico que nos proporcionan os cans como recurso educativo.

Data: 1 ,2 e 3 de decembro

Lugar: Sede de NEG na Rúa das Hedras, 4-2º- Polígono Novo Milladoiro-Ames

Inscripcións: Poñerse en contacto con Nova Escola Galega en: http://www.neg.gal

Nova Escola Galega

 

Deixar un comentario

Integración no Colexio

O esforzo trae resultados, e o que mellor o demostra é poder ver a Gisela e ao seu can Marshall disfrutando e pasando uns bos momentos cos seus compañeiros de clase.

Actualmente Gisela está asistindo ao Ceip Camiño Inglés de Sigüeiro-Oroso acompañada do seu can de asistencia, Marshall o que lle permite estar calmada e relaxada para poder compartir aula co resto dos seus amigos de clase.

Para o resto dos nenos tamén é un exemplo e unha aprendizaxe, xa que aprenden que non tódalas persoas somos iguais e que todos temos sitio na sociedade.

No seguinte video do prorgrama ‘Fun polo aire’ da TVG pódese ver a relación entre os nenos e a acollida a Gisela.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/fun-polo-aire-programa-32-3948105?t=3752

Marshall no Colexio

 

 

4 Comentarios

Saída Senda fluvial Río Mera_O Pino

Este domingo 4 de novembro iremos ao Concello do Pino a facer a ruta da Senda Fluvial do río Mera e río Tambre.

O percorrido será duns 10 km de distancia e de dificultade baixa-media.

Sairemos do muiño da Pena e o punto para xantar será na praia fluvial da Tarroeira. Nos seguintes enlaces pódese ver máis información sobre a ruta e o punto de xantar.

http://www.santiagoturismo.com/senderos/senda-fluvial-botanica-del-rio-mera

http://www.santiagoturismo.com/praias-proximas/playa-fluvial-de-a-tarroeira

rio mera

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 2 de novembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

15 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: