Arquivo para Outubro 2017

Monte Tahume – Porto do Son

Este domingo 5 de novembro toca saída de altura. Iremos ata o Concello do Porto do Son para subir ao Monte Tahume e se o día nos acompaña con claros, podemos disfrutar das súas bonitas vistas.

O roteiro terá unha lonxitude de 10 km e será de dificultade moderada.

Podedes ver mais información no seguinte enlace do wikiloc :

https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=15485227

Monte Tahume_Porto do son

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 3 de novembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

 

27 Comentarios

Fin de Semana en Aldea ‘O Busto’

Este fin de semana ímonos a Aldea do Busto, no Concello de Pobra de Brollón.

Un conxunto de casas, case todas restauradas, aisladas de toda civilización.

Esta é unda das páxinas que ten información sobre a casa (a web da casa non funciona): https://www.escapadarural.com/casa-rural/lugo/aldea-rural-o-busto

Para chegar á casa hai dende Santiago hai que ir a Lalín-Monforte de Lemos-Pobra de Brollón.Xa dende este pobo temos que subir á aldea do Busto.Os últimos 4 km son de pista sen asfaltar, calqueira tipo de coche pode acceder, polo que non vos asustedes.Se queredes a ubicación, avisade a Pablo.

Son sobre 2:15′ de camiño dende Santiago.

O venres, o Club, ten charla dos parques en Santiago polo que ata as 21:00 algúns non poderemos sair.O resto ídevos organizando nos comentarios porque ha algunha persoa que necesite que a leven.

Repartirémonos en 3 casas diferentes e teremos outra casa/restaurante toda para nós con bar, cociña industrial (para gardar as cousas) e comedor.Aquí faremos todas as comidas e será o punto de reunión.Se temos que cociñar e o que teñamos que gardar en neveira, utilizaremos as cociñas de cada apartamento/casa.

Aldea O Busto_Pobra de Brollón

 

Como sempre faremos unha ruta o sábado duns 15km para comer de bocadillo e o domingo unha máis corta de 7 km para voltar a xantar na casa.Para as dúas rutas sairemos andando da casa.

E para que non sobre moita comida, David danos a súa recomendación para repartir as nosas receitas:

Empanadas: x 6

Tortillas x 6 

Ensaladas (material para preparar) x 10

Frutas x lo que sea, nunca sobran..

Cafe x 6 

Té x 4 

Leche X 12

Azucar x 2

Potas quentes  x 7 o material para prepararlos)

Otras comidas para compartir x 5

(Asi estoy calculando 4 potas/otras para compartir por comida, significa que una pota/comida serian 6/7 raciones)

Quesos/entremeses: 10 

Postre: queso+membrillo, tartas, dulces, etc x  12 (calculando 4 postres por comida, un postre para compartir entre 6/7) Los apartamentos tienen cocina, asi quien quiere cocinar, puede hacerlo. No hay horno.

 

Como tódolos domingos de fin de semana, éste tamén teremos unha charla sobre algún tema sobre os cans. María Sabell falaranos de : ‘CAPACIDADE DE APRENDIZAXE’

Polo lume non hai problema, según a persoa da casa queimouse algo pero todo en orde.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Cada un sairá á hora que poida.
  • Hora de saída:
    • Pódese ir xa ao mediodía, os que vaiades cedo, poñédevos en contacto con David que el irá á hora de xantar.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

29 Comentarios

Aulas de Educación e Charlas en Parques

Neste último trimestre do 2017 e dentro das actividades dos Orzamentos Participativos deste ano, ‘Só lles falta falar’ comeza coas súas actividades.

Aulas de Eduación Canina:

Tódolos martes ás 17:00 teremos Aulas de Eduación Canina no Parque Eugenio Granell (Paxonal-ao lado do río) para os veciños de Santiago de forma gratuita.Faranse 4 edicións de 4 aulas cada unha donde poderás asistir co teu can e tamén os membros da familia que desexes.Inscríbete en dptoxuventude@santiagodecompostela.gal

Charlas en Parques:

Aparte das aulas, tódolos venres (excepto o 8 de decembro) ás 20:00hrs impartiranse unhas charlas informativas en diversos parques de Santiago, non fai falla inscripción, só asisitir.A finalidade de todo isto é seguir formando aos propietarios de cans e na promoción dunha tenza responsable para alcanzar unha boa convivencia entre todos.

As charlas terán os seguintes contidos:

  • Manexo e comprensión dos cans
  • Como evitar conflitos e como actuar se se da o caso
  • Como introducir un can no grupo
  • Resolución de tódalas dúbidas e preguntas dos asistentes

 

Charlas parques_datasAulas Educación canina_datas

 

Deixar un comentario

Actividades Concello de Santiago 2017

Arrancan as actividades dos Orzamentos participativos do 2017.

A finalidade destas actividades serán a de promocionar a educación dos cans, aprender unha tenza responsable e axudar a tódalas persoas propietarias de cans para que, entre todos, poidamos conseguir unha total integración dos cans na sociedade.

Impartiranse aulas de educación tódolos martes no Parque do Paxonal, realizaranse visitas escolares para concienciar aos máis pequenos do o manexo dos cans e do problema do abandono e tamén charlas en parques de toda a cidade donde poderemos resolver dúbidas sobre o manexo que nos encontramos diariamente cando saímos á rúa.

No seguinte enlace terás máis contidos e información sobre as datas:

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=16542

Inscricións no Centro Sociocultural do Ensanche ou en dptoxuventude@santiagodecompostela.gal.

20160908_125632

Deixar un comentario