Arquivo para Outubro 2014

Fin de Semana na Casa da Bastida-A Fonsagrada

Chegado Novembro, e coma o ano pasado, teremos outra actividade de fin de semana.

O Venres día 7 voltaremos á Casa da Bastida, unha casa de turismo rural ubicada na Pobra de Burón no Concello da Fonsagrada.

Podémonos ir apuntando xa no Blog e dicindo o que cada un pode levar de comer para unha mellor organización.

Sairemos o Vernes día 7 sobre as 20:00hrs. Realizaremos unha ruta o sábado con comida campestre e outra o Domingo.

Haberá 7 prazas disponibles na furgoneta para os que queiran dispor dela, polo que os que queirades ir nela, mencionádeo.

Casa da Bastida_A Fonsagrada

Para os que vaiades directos á casa podedes entrar no seguinte enlace donde aparece a ruta a seguir:

http://www.casadabastida.com/situacioncasarural.html

A Fonsagrada_2013

20 Comentarios

Poboado Mineiro do Fontao

Este Domingo 26 de Outubro e seguindo ca integración dos cans na sociedade, estaremos acompañando a Espazos sonoros (http://www.espazossonoros.org/) nun día composto por visita guiada e concerto. O plan é o seguinte:

Lugar: Poboado mineiro do Fontao-Vila de Cruces-Pontevedra

11:00 hrs : Visita guiada polo poboado do Fontao donde nos explicarán todo o que xurdeu en torno ó seu entorno e industria mineira

12:30hrs : Concerto de Xoán Curiel

Poboado mineiro do Fontao

 

 

9 Comentarios

Fervenza da Férveda

O próximo Domingo 12 de Outubro percorreremos o Concello de Silleda e visitaremos a Fervenza da Férveda.

Fervenza da Férveda_Silledahttp://erbedo1.blogspot.com.es/2013/10/este-domingo-saida-penadauga-ferveda-8.html

Distancia: 8 Km
Dificultade: Fácil – media

10 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: