Arquivo para Agosto 2018

Ruta dos 3 Ríos – Touro

Este domingo 26 de agosto intentaremos alonxarnos das altas temperaturas e faremos un roteiro fresco e cheo de auga. Será non Concello de Touro, chámase a ruta dos 3 ríos.

O percorrido é circular e dunha distancia duns 9km, de dificultade media.

Podes encontrar máis información no seguinte enlace do wikiloc.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-touro-3-rios-10131364

Ruta 3 ríos Touro

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 24 de agosto.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

21 Comentarios

Ruta Ponte Ledesma-Sucira

O próximo domingo 12 de agosto voltaremos ao Concello de Boqueixón para percorrer o Río Ulla. O punto de inicio é o mesmo que o da ruta anterior, pero iremos hacia a outra parte do río, dende Ponte Ledesma a Sucira.

O roteiro é duns 9 km de lonxitude e de dificultade fácil.

No seguinte enlace de wikiloc podes ver máis información sobre o roteiro.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/test-slff-ruta-pescadores-subcira-ponte-ledesma-16723826

Ponte Ledesma

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 10 de agosto.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

24 Comentarios

Un can grande, é axeitado para un piso?

Os cans que disfrutan de boa vida, que están ben física e emocionalmente e fan disfrutar ás persoas coas que conviven, teñen sempre unha cousa en común: tempo de dedicación.

Os cans son tempo de dedicación.

A cantidade de espazo na que vivan coa familia non é determinante. A un can non lle preocupa se a familia vive nun apartamento ou nunha mansión.

Os cans son animais sociais coma nós, viven en familia. O lugar donde viva a familia carece de importancia.

O que si é determinante para o bo funcionamento do can é a convivencia coa familia.

Un can illado dos seus conxéneres non está ben, non vive ben.

Un can solo nunha leira grande, con moito sitio para correr non vive ben, sufrirá unha neurose inducida por aillamento en maior ou menor medida.

Non teñas un can só, illado do contacto dos seus conxéneres, nese caso, ten como mínimo dous, deixa que sexan unha manada.

Se queres coñecelos, disfrutar máis deles e que te entendan e aprecien, convive con eles.

Se somente tes un can, convive con el.

Ter un can no xardín que nunca sae de ahí e que non poida entrar na casa non é convivir. Iso é formar parte da fauna do xardín, non da familia.

Un can pequeno que non sae dun piso e da súa terraza fácilmente terá a mesma neurose por illamento que un can de 40kg que non sae do xardín dun adosado.

As capacidades cognitiva e sensorial dos cans, xunto coa súa capacidade física potencial, fan que necesite saír, coñecer un entorno rico en estímulos e variado en situacións.

O territorio natural dunha familia de cánidos salvaxes pode chegar aos 100km2, pero o seu cocho, a súa casa, son 10m2 para 10 ou 12 familiares.

O tamaño dun can non determina as súas necesidades de esparexamento físico. Todos necesitan saír, correr, andar e relacionarse co entorno.

O parámetro condutual máis directamente relacionado con esta consideración é a reactividade a estímulos externos; a cantidade de resposta que se emite despois de percibir un estímulo: un can terrier pequeno ten unha reactividade alta ou moi alta e un moloso de montaña de máis de 50kg tena baixa ou moi baixa.

Un can que está ben, está tranquilo, descansando cando está na casa. Un canciño de pouco tamaño correndo e ladrando dentro dun piso constantemente non ten unha boa vida; un mastín que vive nun piso e sae, pasea, corre e ve mundo, vive ben.

Se queres ter un can, pensa en canto tempo podes dedicarlle a saír con el polo mundo adiante.

Mastín nun piso

María sabell Sierra

Especialista en Conducta Animal

2 Comentarios