Arquivo para Maio 2022

Próxima Saída – Domingo 29-05-2022

Este domingo 29 de maio irémonos ao Concello de A Baña. Faremos a ruta de Fiopáns, con un traxecto duns 10 km de lonxitude e dificultade baixa.

Podes ver a ruta no wikiloc aquí

Hai unha zona na que podemos quedar a comer todos os que queirades.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o  venres 27 de maio.

11 Comentarios

Próxima Saída – Domingo 15-05-2022

Sendeiros do Río Castro – San Sadurniño

Este domingo 15 de maio irémonos ao Concello de San Sadurniño. Faremos o traxecto do Río Castro. En total será unha ruta duns 8 km de lonxitude e dificultade baixa.

No seguinte enlace do wikiloc podes ver parte do roteiro:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pozo-de-lamas-a-castelo-naraio-55732022

Para o domingo esperase que faga calor, pero non preocuparse, hai auga para os cans na maior parte do percorrido.

Ademáis hai varias zonas boas e con fervenzas para os que queiran darse un baño.

Este é o enlace do inicio da ruta para chegar co Google Maps.

https://www.google.com/maps/place/%C3%81rea+recreativa+do+Pozo+de+Lamas/@43.4909328,-8.0211008,17z/data=!3m1!4b1!4m5!3m4!1s0x0:0x8cd6f697c98c8e2!8m2!3d43.4909328!4d-8.0189121

Hai que coller co coche polo camiño de terra da que se ve na foto de abaixo.

Na zona do inicio temos mesas para quedar a comer.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o  venres 13 de maio.

3 Comentarios

Curso de rastro mes de maio

O día será o domingo 8, as 10:00 da mañá.

Continuamos a facer os curso a carón do CEIP Agro do Muiño en Ames

Este é o lugar:

https://maps.app.goo.gl/Wfzxu7DTNqupZy7Z8

Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases.

O curso e gratuito para os socios.

Os non socios podedes contactar con nos en info@cans.gal para coñecer todos os detalles.

2 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: