Arquivo para Abril 2019

Saída Donas-Sucira

Este domingo 28 de abril, iremos a facer o roteiro de Donas-Sucira no Concello de Boqueixón e moi perto de donde estivemos fai dúas semanas.

A ruta é de dificultade media e dunha distancia de 10km.

Comerenos nunha área recreativa na zona.

SubCira_Donas Boqueixón

Podes encontrar máis información sobre o percorrido no seguinte enlace:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-donas-subcira-9699816

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 26 de abril.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

 

15 Comentarios

Saída Santuario de Gundián

O próximo domingo 14 de abril irémonos á parroquia de Ponte Ulla, no Concello de Vedra para visitar o Mosteiro de Gundián e facer un roteiro polas veiras do Río Ulla.

O percorrido será duns 9 km e de dificultade media. No seguinte enlace terás máis información sobre a ruta.

https://es.wikiloc.com/rutas-a-pie/test-ruta-slff-santuario-gundian-mirador-riberas-del-ulla-34214964

Santuario de Gundián_Vedra

Nesta web de Galicia Máxica pódese ver máis información sobre o entorno a visitar:

Santuario de Gundián | GALICIA MAXICA

O Seguinte roteiro será o domingo 28 de Abril.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 12 de Abril.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

 

 

16 Comentarios

Cursos de Rastro

Este domingo comezamos cos cursos de Rastro.

Serán tódolos primeiros domingos de mes (excepto agosto) neste 2019.

Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.

Apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.

Lugar (domingo 7 abril): Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.

Podes inscribirte aos días que poidas ou precises.

Inscripcións: enviar un correo a info@cans.gal

Cursos de Rastro 2019

 

 

1 comentario

A %d blogueros les gusta esto: