Próxima Saída – Domingo 29-05-2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 25 Maio, 2022
Este domingo 29 de maio irémonos ao Concello de A Baña. Faremos a ruta de Fiopáns, con un traxecto duns 10 km de lonxitude e dificultade baixa.
Podes ver a ruta no wikiloc aquí

Hai unha zona na que podemos quedar a comer todos os que queirades.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 27 de maio.
Próxima Saída – Domingo 15-05-2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 11 Maio, 2022
Sendeiros do Río Castro – San Sadurniño
Este domingo 15 de maio irémonos ao Concello de San Sadurniño. Faremos o traxecto do Río Castro. En total será unha ruta duns 8 km de lonxitude e dificultade baixa.
No seguinte enlace do wikiloc podes ver parte do roteiro:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pozo-de-lamas-a-castelo-naraio-55732022

Para o domingo esperase que faga calor, pero non preocuparse, hai auga para os cans na maior parte do percorrido.
Ademáis hai varias zonas boas e con fervenzas para os que queiran darse un baño.
Este é o enlace do inicio da ruta para chegar co Google Maps.
Hai que coller co coche polo camiño de terra da que se ve na foto de abaixo.

Na zona do inicio temos mesas para quedar a comer.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 13 de maio.
Curso de rastro mes de maio
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Cursos o 5 Maio, 2022
O día será o domingo 8, as 10:00 da mañá.
Continuamos a facer os curso a carón do CEIP Agro do Muiño en Ames
Este é o lugar:
https://maps.app.goo.gl/Wfzxu7DTNqupZy7Z8
Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases.
O curso e gratuito para os socios.
Os non socios podedes contactar con nos en info@cans.gal para coñecer todos os detalles.
Próxima Saída – Domingo 24-04-2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 21 Abril, 2022
Este domingo temos un novo roteiro.
Viaxaremos ó concello de Lousame para pasear polas beiras do río Vilacoba, no lugar de Traba.
A distancia da ruta é duns 8 Km aproximadamente, dificultade media.
Aquí podedes ver o itinerario en Wikiloc -> Percorrido da ruta

Hai unha zona onde podemos quedar a comer
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Indicade os que esteades interesados en quedar a comer para tomar unha decisión
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 22 de abril.
Próxima Saída – Domingo 10-04-2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 6 Abril, 2022
Este domingo 10 de abril terá lugar un novo roteiro. O lugar escollido é en Val do Dubra
O percorrido é circular, de dificultade baixa e dunha distancia de algo máis de 9 km
Aquí podedes ver parte do itinerario en Wikiloc – Percorrido da Ruta

Como a ruta é cerca de Bembibre pódese quedar a comer no parque con mesas que hai na localidade
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Indicade os que esteades interesados en quedar a comer para tomar unha decisión
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 8 de abril.