Arquivo para Novembro 2016

Ruta por San Mamede_Lousame

Este Domingo 4 de Decembro despedímonos do ano índonos ao Concello de Lousame para percorrer a zona de San Mamede nunha ruta semi circular.Ruta cortesía dos nosos amigos Daniel e Toñi que prepararon esta actividade.

ruta-san-mamede_lousame

O percorrido ten unha lonxitude de 7,35 km e é de dificultade baixa.No seguinte enlace podes encontrar máis información da mesma.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=15293987

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 2 de decembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

19 Comentarios

Fin de semana na Casa dos Muros- Pantón

Pois xa só faltan 4 días para comezar unha nova actividade de fin de semana.

O Venres 18 de Novembro desprazarémonos a Ferreira de Pantón para coñecer a fermosa contorna da Ribeira Sacra lucense.Hospedarémonos na Casa dos Muros na aldea de Paderne, no Concello de Pantón; http://casadosmuros.com/

Neste enlace tes a opción de que te leve o teu gps; http://casadosmuros.com/donde-estamos/

O sábado faremos a ruta de Pombeiro-San Cosmede donde teremos unhas espectaculares vistas dende os miradores da Cruz e da Pena, esta ruta será tipo mobo (mochila – bocadillo).http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12069768

O domingo faremos unha ruta máis corta para poder regresar á casa á hora de xantar, ruta chamada a Poza de san Arteiro, donde sairemos andando directamente da casa rural.http://casadosmuros.com/senderismo/

Como sabedes, nas saídas de fin de semana tratamos de que tamén poidamos aprender algo máis sobre os nosos cans por iso sempre propomos un tema relacionado ca conducta animal, olfat0,razas, etc.. .Nesta, en concreto, despois do xantar do domingo a charla impartida por María Sabell terá por título: Eugenesia

O tempo en chegar á casa dende Santiago ou dende A Coruña será o mesmo: 1:30 hrs aprox.

ferreira-de-panton_ribeira-sacra-luguesa

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • A hora de saída será cando cada quen poida.Pódese entrar na casa o Venres a partir das 15:00hrs.Nos comentarios do blog podémonos organizar para compartir coches.
  • As prazas xa están todas cubertas, salvo baixas, non poderá asistir ninguén máis dos apuntados por mail.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

27 Comentarios

Orzamentos Participativos Mocidade

Ata o 6 de Novembro incluido estanse a votar os Orzamentos Participativos de Mocidade do Concello de Santiago.

Son 49 propostas que presentaron distintas persoas e colectivos da cidade.

Dende Só lles falta falar presentamos un programa (adxuntamos proposta)so-lles-falta-falar-contidos-programa-mocidade destinado a visitas aos institutos do Concello, charlas en centros socioculturais, parques e aulas de educación canina.

Nos centros escolares incidirase na concienciación do tema do maltrato animal, e interacción cos cans mentres que nas charlas nos centros e parques da cidade os contidos tamén incluirán a tenza responsable e como mellorar o seu manexo.

 

orzamentos-participativos-mocidade

Entrade na seguinte dirección : decide.santiagodecompostela.gal     e poderás votar a nosa proposta.

1- Entra na páxina 2-Rexístrate  3-Inicia sesión e vota 10 propostas dándolle 10 puntos á primeira é 1 punto á última que consideres.

Requisitos:

  • Ter entre 16 e 35 anos
  • Estar empadroado en Santiago ou estudar na Universidade ou Institutos.

Toda a información con video incluido en: decide.santiagodecompostela.gal

Agardamos o teu voto para poder dicir que :

OUTRO MODELO DE CONVIVENCIA É POSIBLE!!

Deixar un comentario

Praia de Rostro_Praia de Lires

Debido ao éxito da anterior etapa da ruta dos faros, este Domingo 6 de Novembro repetimos.

Esta vez será a 8ª etapa que vai de Nemiña a Cabo Fisterra. Pero non vos asustedes, nós faremos só un tramo de 9 kms que discorrerá dende a praia de Rostro á praia de Lires.

praia-de-rostro-praia-de-lires

A ruta será lineal e comeremos de mesa no destino, xa que o cambio dos coches esta vez leva pouco tempo.

Neste enlace da web da Ruta dos faros poderedes ver toda a información:

Etapa 8: Nemiña-Cabo Finisterre (26,9 Km)

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 4 de Novembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

12 Comentarios