Arquivo para Xaneiro 2019

Roteiro: Central Hidroeléctrica do Tambre

Este domingo 3 de febreiro, volvemos á Central Hidroeléctrica do Tambre. Faremos a prg-1 que se indica no seguinte enlace. A diferencia do roteiro do enlace, no que marca 14 km, nós faremos 10 km, xa que faremos a parte circular duns 8 km e 1 km de ida e volta na parte lineal.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/prg-11-27619289

O punto de inicio será a propia Central e a dificultade da ruta será media. No apartado da climatoloxía non nos arriscamos e iremos preparados porque  seguramente caia algo de auga.

ch do tambre 3 feb 2019

O xantar será na área recreativa que está ao lado da Central hidroeléctrica. Baixo cuberto. Sembre está ben lever algunha peza de roupa de recambio para poder xantar enxoito.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 1 de xaneiro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

29 Comentarios

Ruta dos Muiños de Vilasantar-Mezonzo

O próximo domingo 20 de xaneiro fameromos unha ruta polo Concello de Vilasantar, preto de Arzúa.
A ruta e lineal de dificultade media e son aproximadamente 6 kms , podemos decidir o pundo de dar a volta.
No seguinte enlace podedes ver a ubicación: https://goo.gl/maps/7mzUyGoewRw
Pódese deixar o coche  no punto indicado que é a estrada vella que cruza a N840 e xa comenza a ruta. O primeiro tramo lévate ata a central eléctrica de Mezonzo todo baixada por unha pista, despois da central a ruta xa vai todo o carón do río hay que cruzar dúas carreteras de aldea pero so cruzalas teñen pouco tránsito, toda a ruta está moi ben sinalizada xa que é unha PR-G195 que a abriron este ano polo que de momento está ben.
Para xantar, de camiño de volta a Santiago, pararemos na área recreativa de Pontecarreira, ao lado do río Tambre.
Área recreativa pontecarreira

 

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 18 de xaneiro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

21 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: