Arquivo para Setembro 2012

Saída Costa da Egoa -Carral-

Xa temos programada a seguinte saída do club. O próximo domingo 14 de Outubro realizaremos a ruta circular da Costa da Egoa en  Carral.

 

Esta é unha ruta circular de aproximadamente 8 km. A dificultade é baixa así que animádevos! Esta ruta está marcada cunha duración aproximada de 3h, como vedes é accesible para todo o mundo e máis que recomendable para os socios da Coruña pois quédalles a un paso da casa!.

 

Na ruta pasaremos por unha zona de muíños impresionante, ademais hai tres alternativas para facer a ruta así que se alguén xa a Ler o resto desta entrada »

, ,

22 Comentarios

Estreamos chapas identificativas.

Como xa sabedes todos estamos de estrea, xa se están a distribuír a chapas identificadoras do club para os nosos cans.

Como algúns estades a ter algún que outro contratempo na sua montaxe pois aquí vos deixamos un vídeo de como facelo; fácil, sinxelo e para toda a familia!

, , ,

1 comentario

Saída aberta a Vedra

Ola a todos, Intentando combinar o lecer dos aficionados ao sendeirismo co das persoas que gustan de pasar os seus ratos de ocio cos seus cans e aproveitando as rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra ten preparadas para que quen os visite poida coñecer e desfrutar do deste municipio o Concello de Vedra, en colaboración co noso club, organiza una ruta de sendeirismo o vindeiro domingo, 23 de setembro, polo fermoso roteiro de San Xoán da cova, a carón do río Ulla.
A saída será ás 10.00 do miradoiro de Gundián, na parroquia de ponte Ulla, ao pé da antiga ponte do ferrocarril (que é o logo turístico do concello). Transcurrirá ao longo do río ata a antiga ponte da N525, cruzará o núcleo de Ponte Ulla, para continuar polo muiño de Reboredo e seguir a carón do Ulla, pasando a área recreativa de Agronovo, a Casa museo da pesca e o Couto de Ximonde ata a área recreativa de Cubelas en San Pedro de Sarandón.
A actividade cos cans será coordinada por a nosa especialista en conduta Ler o resto desta entrada »

, , , , ,

13 Comentarios

Saída monte Meda

Ola a todos, logo do verán retomamos as actividades do club e que mellor maneira de facelo que cunha saída.

Desta volta iremos ata o monte Meda, será o domingo 16 de Setembro.

A ruta será circular con saída e chegada ó convento de Herbón.
A comida poderémola facer no propio convento. Cada quen que leve o que queira xa que a comida quedará nos coches e so teremos que cargar con algunha botella de auga.
A dificultade é media  cunha lonxitude aproximada de 8 Km e un desnivel de 210 m.
Haberá furgoneta para os 7 primeiros humanos que queiran facer uso dela.  e tamén o que queira pode ir Ler o resto desta entrada »

10 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: