Arquivo para Abril 2018
Saída Área Recreativa San Mamede
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 19 Abril, 2018
Este domingo 22 de abril desprazarémonos ao Concello de Lousame para percorrer os entornos da área recreativa de San Mamede.
O percorrido será cortiño duns 8km de distancia e de dificultade baixa.
Non seguinte enlace podes ver máis información sobre o roteiro:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/area-recreativa-san-mamede-15293987
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 20 de abril.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.
Cans en distintos entornos
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Soporte terapéutico o 13 Abril, 2018
Despois de moitos anos facendo actividades con cans, de tipo lúdico, como os roteiros ou de soporte terapéutico, pódeste preguntar se o can que vai ao monte se pode meter nun edificio a traballar con nenos ou viceversa.
Pois no seguinte video, a nosa Especialista en Conduta Animal e a psicóloga destes rapaces explícannos como se relacionan os cans entre eles, como é nesarario que convivan en distintos entornos para poder realizar traballos específicos, como se senten os nenos e os beneficios que lles reportan as actividades cos cans.
Embalse de Beche – Abegondo
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 4 Abril, 2018
O próximo domingo 8 de abril iremos ao Concello de Abegondo, en concreto ao Embalse de Beche.
Faremos un roteiro polos arredores do embalse.A distancia será duns 8 Km aproximadamente e dunha dificultade media.
A zona ten mala cobertura e non se chega co google maps. O punto de encontro para todos será no aparcamento da Sala de Festas da Mítica ‘Flor de Montouto’. Ao chegar ao Mesón do Vento hai que coller a AC-542 que é a carretera que vai a Betanzos e a Sala de Festas está a uns 9 km do cruce do Mesón.
Punto de encontro:
Punto de Inicio:
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 11 de decembro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club