Arquivo para Abril 2012
Geocaching…
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Artigos o 25 Abril, 2012
Geocaching, menuda palabra! Hoxe imos falar dunha actividade que podedes engadir ós paseos que dades cos vosos cans.
O geocaching non é máis que a versión modernizada da coñecida por todo o mundo Buscar o Tesouro. Coa chegada, hai uns anos, dos GPS persoais comezou esta nova actividade pero é agora coa popularización dos teléfonos intelixentes (smartphones) que integran GPS cando se está comezando a popularizar realmente.
Pero que demo é o geocaching? Pois ben, penso que a maneira máis sinxela de explicalo é poñendo un exemplo. Saio da casa co meu can e diríxome cara o monte, así facemos un pouco de exercicio (os dous). Como hoxe imos sen compañía busco no meu telefono se hai algún cache(o tesouro) preto. Localizo un nas inmediacións e Ler o resto desta entrada »
Saída Tambre
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 24 Abril, 2012
Ola a todos, esta fin de semana teremos unha nova saída. De novo será preto de Santiago, en Sigüeiro onde pasearemos pola beira do río Tambre. Agardamos que esta nova saída sexa do agrado de tódolos socios.
A ruta é sinxela, plana e serán uns 7-8 km. Como moito levaranos 2 horas.
Está é a ruta que imos seguir:
Asemblea Xeral Extraordinaria.
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Xeral o 9 Abril, 2012
Lugar: Cafetería Clea ( C/ Fernando III o Santo nº:20)
Orden do día:
1º Aprobación das novas cotas anuais de participación no Club.
* Socio Colaborador=15€
* Cotas de Mantemento: >Persoa + can=36€
> 2 persoas + can ou 2 cans + 1 persoa= 45€
> Máis de 3 membros = 50 €
* Novos Socios: Implicará o pago de 20€ por test de carácter por cada can.
O test de carácter do 1º can está incluído no prezo da cota.
A Xunta Directiva
Ruta por Santiago
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 9 Abril, 2012
Ola a todos, logo dun tempo en parada técnica o próximo domingo 15 de Abril faremos unha saída polos arredores de Santiago. Desta vez faremos unha ruta circular con saida no merendeiro do Monte do Pedroso. Dende alí marcharemos cara o río Sarela , pasaremos pola igrexa da Peregrina e regreos ó merendeiro do Pedroso pasando pola Granxa do Sexto.
A ruta será duns 10 Km aproximadamente e levaranos unhas 3 horas e media.
Organización da saída: Ler o resto desta entrada »