Arquivo para Marzo 2014

Ruta das Férvedas

Ainda non ben entrada a primavera, seguimos buscando auga.

O Domingo 6 de Abril desprazarémonos ó concello de Carballo para percorrer a ruta que une dúas fervenzas.

Saíremos dende Ramil, lugar da Brea, donde poderemos contemplar unha bonita ferveda Ramil-Rus.

Recorreremos montes de Eucalipto e Carballos ata chegar ó noso destino, a fervenza de Sampaio-Entrecruces.

Fai clic para acceder a ruta_fervedas1.pdf

Lonxitude: 10Km

Dificultade: Media

Nota: levar calzado de monte

Como chegar : para os que se dirixan ó destino sen pasar polo Hipercor, verémonos na Férveda Ramil-Rus.

Dende Santiago hai que coller a estrada DP: 1914 que é a que vai a Carballo e despois de pasar o pobo de Entrecruces e percorrer 4Km da recta, coller á dereita hacia Ramil. Dende ahí seguindo 1,5km a estrada chegamos á fervenza.

Uns 35′ dende Santiago e uns 40′ dende a Coruña.

 

  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Punto de encontro: Domingo 6 de Abril ás 10:00 no Hipercor de Santiago
    • Data límite:  Venres día 4 de Abril

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

4 Comentarios

Saída Ponte Albar

Temos nova saída para o próximo Domingo 23 de Marzo,

ésta discorrerá polos arredores do Tambre en Ponte Albar ata a aldea de San Juan de Fecha e será duns 10Km aproximadamente de dificultade fácil-media.

O inicio da ruta está a 20′ de Santiago. Para comer volveremos a Santiago e disfrutaremos do xantar nun merendeiro na zona do Monte Pedroso.

Para os que non saian do Corte Inglés, podémonos ver no pundo de inicio da saída:

Dende Santiago coller a carretera que vai a Carballo (ac 404) , 300 mtsdespois da Fábrica de Mobles Piti Casa desviarse hacia á dereita dirección Trazo (ac 7804) recorrer uns 8-10 min. e chegase a Ponte Albar.

  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Punto de encontro: Domingo 23 ás 10:00 no Hipercor de Santiago
    • Data límite:  Venres día 21 de Marzo

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

25 Comentarios

Harmonía entre especies


A veces danos a impresión da incompatibilidade do noso can con outras especies.

Neste video podemos observar que a harmonía pode ser posible.

Deixar un comentario

Entrevista aos membros de Só lles falta falar

Entrevista aos membros de Só lles falta falar (pincha aquí)

Xa podedes reproducir a entrevista realizada o pasado 22 de Febreiro dende a emisora RadioVoz que se lle realizou a David, Roberto e Pablo, membros de Só lles falta falar,

Pódedela ver no enlace aquí presentado ou entrando no canal de Youtube do Club (https://www.youtube.com/user/sollesfaltafalar)

1 comentario

Saída praia do Ancoradoiro

O próximo Domingo 9 de Marzo recorreremos as bonitas paixases da praia do Encoradoiro e o seu entorno.

O merendeiro será o punto de partida e chegada. Iremos pola praia ata o monte Louro donde daremos a volta polo monte e volvendo pola praia.

A comida será no Camping A Vouga en Louro-Muros. Comeremos acompañados cos nosos cans a cuberto nun apartado do Camping.

O plan é o seguinte:

– Cada un que leve o que queira de comer para compartir, coma sempre.

– As bebidas, (auga,cervexa ,refrescos , viño,cafés) consumiremosllas ó camping.

Imagen

 

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 7 de Marzo.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

 

20 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: