Arquivo para Xullo 2019
Central Hidroeléctrica do Tambre
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 17 Xullo, 2019
O próximo domingo 21 de xullo buscaremos o fresco do río Tambre para facer un roteiro polas beiras do río comezando na Central Hidroeléctrica.
O roteiro este é unha variante dos que fixemos anteriormente, o percorrido é de ida e volta e segundo consideremos faremos máis ou menos distancia, ainda que aproximadamente faremos uns 10km.
No seguinte enlace poderás ver máis información do roteiro:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/prg-11-27619289
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 19 de xullo.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.
Curso de Rastro Xullo 2019
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Sin categoría o 4 Xullo, 2019
Este domingo 7 de xullo realizaremos un novo Curso de Rastro.
Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.
Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.
Lugar (domingo 2 xuño): Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.
Podes inscribirte aos días que poidas ou precises.
Inscripcións: enviar un correo a info@cans.gal