Arquivo para Agosto 2020
NON ESPERAR 24 horas en caso de persoa desaparecida.
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Grupo Rastrexadores, Xeral o 12 Agosto, 2020
Dende o Grupo de Rastrexadores de Só lles falta falar, envíannos esta información.
Dende fai tempo corre o bulo de que para avisar dunha desaparición dunha persoa hai que esperar 24 horas. Pois isto é FALSO.
Canto máis rápido se notifique a desaparición, máis probabilidades hai de encontrar ao desaparecido.
En caso de desaparición ponte en contacto ca Policía no 091, Garda Civil no 062.
Desaparecidos_Avisar-GardaCivil
Roteiro Traba – Lousame
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 5 Agosto, 2020
Este domingo 9 de agosto, continuamos cos noso roteiros. Iremos ao Concello de Lousame a percorrer as beiras do río Vilacoba polo lugar de Traba.
A distancia da ruta será duns 8 km aprox. e de dificultade media.
No seguinte enlace poderedes atopar máis información sobre o percorrido.
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 7 de agosto.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.