Arquivo para Novembro 2013

Ruta Río Tinto

O próximo domingo 24 de Novembro ímonos de ruta por terras de Brión, Rois e Teo. pazofaramello

A ruta, que é circular duns 10km e practicamente cha, comeza nunha pequena área recreativa (onde podemos xantar) preto do Pazo do Faramello e a aldea Angueira de Castro. Pasaremos a carón do río Tinto e camiñaremos un anaco do camiño de Santiago portugués ata a carballeira do Faramello ( onde hai un magnífico cruceiro gótico) Pasaremos pola ponte que cruza o río Tinto (Ponte de Moros ou de Paradela), de feitura romana, probablemente construído na Idade Media.

Subiremos a un pequeno monte con fermosas vistas do Val da Mahía (non é moita subida) Dende alí á carballeira de Santa Arandel e de volta pola aldea de Xinzo e Angueira de Castro ( unha aldea preciosa! sen feísmo!)

Sobre o Castro: ( que desgraciadamente non se pode ver, xa que está sen rozar e non se pode chegar )

… conta a lenda xacobea medieval que e Ler o resto desta entrada »

, , , , ,

10 Comentarios

Saída senda panorámica de Picón

Imos facer a terceira intentona a esta saída. O vindeiro domingo 10 de Novembro 

Iremos ata o concello de O Pino onde percorreremos esta ruta circular con comezo e fin en A Rúa. O paseo coincide un anaco co Camiño de Santiago e subiremos ata o punto máis alto do concello (marco xeodésico) dende termos unhas vistas excepcionais sobre o aeroporto de Lavacolla. Durante o descenso cruzaremos a carballeira do pazo de Picón.

saidaPiconPara xantar desprazarémonos ata unha área recreativa preto do aeroporto. A saída é duns 10 km así que estades todo invitados a vir, ánimo!

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 8 de Novembro.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , , , ,

14 Comentarios