Arquivo para Marzo 2013
Saída Ruta de Riamonte
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 11 Marzo, 2013
Esta é unha ruta circular de aproximadamente 8 km. É unha ruta que poderemos completar en algo menos de 3 horas e que transcorre en parte polas beiras do río Riamonte. Poderemos desfrutar dun paseo agradable entre os muíños do río e pequenas fervenzas.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 15 de Marzo.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.