Só lles falta falar, cans de familia
Só lles falta falar é unha asociación creada co fin de por en valor a educación dos cans de familia na sociedade.
Páxina de inicio: https://sollesfaltafalar.wordpress.com
Curso de Rastro Novembro 2020
Publicado en Sin categoría o 4 Novembro, 2020
Este domingo 8 de novembro realizaremos un novo Curso de Rastro.
Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.
Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.
Lugar : Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.
Inscripción en: info@cans.gal

Charla Online con ACEM
Publicado en Sin categoría o 21 Outubro, 2020
O próximo venres 23 de outubro estaremos na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) falando dun tema moi interesante:
“Soporte Terapéutico e Cans de Asistencia”.
Á charla non se poderá asistir presencialmente pero poderase ver online a través do programa Zoom.
María Sabell, Especialista en Conducta Animal que colabora con Só lles falta falar en moitas actividades será a encargada de impartila.
Se queres participar é necesario que te inscribas no mail acem.santiago@gmail.com ou nos teléfonos 981575240 ou 620533471.
Data: venres 23 de outubro
Hora: 12:00 hrs

Esperámoste!!
Curso de Rastro Outubro 2020
Publicado en Sin categoría o 30 Setembro, 2020
Este domingo 4 de outubro realizaremos un novo Curso de Rastro.
Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.
Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.
Lugar : Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.
Inscripción en: info@cans.gal

Obedecen os cans de caza? Poden ser cans de familia?
Publicado en Artigos o 25 Setembro, 2020
As respostas son si e si, pero… que a convivencia cun can de caza sexa gratificante na vida ordinaria implica darlle a ese can o que necesita: exercicio físico e traballo de nariz. E se non fas ben as dúas cousas non disfrutarás do can e ese can non terá calidade de vida.
Canto máis preto está un can da xenética seleccionada para unha función, mellor fará esa función. No caso dos cans de caza esto implica recoller una xenética funcional en primeira ou segunda xeración e a ese can hai que convertilo en can de familia, que é un oficio esixente e ás veces incompatible con moitas das características seleccionadas xenéticamente para o oficio da caza.
Hai exemplos de cans de caza convertidos en cans de familia segundo a demanda da moda. O Retriever, Setter ou Beagle son algúns exemplos de tipos de cans que poden ser para calquera sen maiores necesidades, adaptados a non facer nada pola selección desde varias xeracións anteriores.
Ainda así, ás veces aparecen exemplares mais próximos aos seus avós. Aquí e donde aparecen eses problemas de convivencia, e como é máis doado botarlle a culpa ao can fácilmente, chegáse a conclusión de que o can non serve para estar na casa, non se pode educar, non vai a aprender… e esto non é así.
Unha tenza responsable dun can de traballo implica que hai que ser un bo guía dese can: Aprende a manexalo.

María Sabell
Especialista en Conducta Animal
Ruta dos tres ríos- Touro
Publicado en Sin categoría o 22 Setembro, 2020
O próximo domingo 27 de setembro faremos un roteiro no Concello de Touro, a Ruta dos tres ríos.
Aínda que o percorrido é circular, faremos un roteiro de ida e volta, dunha distancia duns 8 km, de dificultade media. Se alguén non quere facer a ruta completa, pode dar a volta cando queira.
Podes encontrar máis información e como chegar ao punto de inicio no seguinte enlace do wikiloc:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-touro-3-rios-10131364

Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 25 de setembro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.