Arquivo para Xullo 2020

Curso de Rastro – Agosto 2020

Continuamos os adestramentos e iniciacións ao rastrexo.

Este domingo 2 de agosto realizaremos un novo Curso de Rastro.

Estades a tempo de anotarvos.

Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.

Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.

Lugar : Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.

Inscripción en: info@cans.gal

Curso de rastro agosto 2020

Curso de Rastro Agosto 2020

Deixar un comentario

Roteiro Aríns – Santiago

Este domingo 19 de Xullo irémonos á Parroquia de Aríns en Santiago de Compostela.

O percorrido terá dunha distancia de 8 km e de dificultade baixa-media. Espérase calor, polo que a maior parte do camiño será ao longo do rego de Aríns.

No seguinte enlace poderedes ver máis información sobre a ruta:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-arins-6065777

Roteiro Aríns

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 17 de xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

15 Comentarios

Saída Donas-Sucira (Boqueixón)

Pois despois de tantas semanas de inactividade, regresamos para desconectar e disfrutar dun día no monte. Será este domingo 5 de xullo.

O lugar escollido é Bóqueixón, en contreto o roteiro de Donas-Sucira.

A ruta é de dificultade media e dunha distancia de 10km.

Recordar que debemos manter unha distancia de seguridade de 1,5 mts e nalgún momento, se non é posible, utilizaremos a mascarilla.

Comerenos nunha área recreativa na zona. No lugar hai mesas pero para garantir unha distancia levaremos algunhas mesas máis.

No seguinte enlace poderedes ver máis información sobre o roteiro.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-donas-subcira-9699816

Área Recreativa de Sucira

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 3 de xullo.

18 Comentarios