Artigos coa etiqueta Pontevea

Saída Ribeira do Ulla

Ola a todos, esta semana temos programada unha nova saída. O domingo 14 de Abril achegarémonos ata a Ribeira do Ulla.
De novo temos  ruta circular de ó redor de 10 km. O punto de saída é un antigo balneario, agora en ruínas, preto da ponte antiga de Pontevea. Agardamos que o tempo acompañe como na pasada saída e que vos animedes a participar !
saido8Ab

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 12 de Abril.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , , , , ,

15 Comentarios