Ascensión ao monte Pindo

O próximo día 25 de setembro faremos unha saída MoBo na que levaremos a cabo a ascensión ao monte Pindo, seguindo o roteiro que vai dende a aldea de O Fieiro (concello de Mazaricos) ata a Moa, o punto máis alto da barreira montañosa (627 metros de altitude).

 A camiñata non será moi longa (non chega a 4 km), pero si un pouquiño esixente: haberá que salvar un desnivel de máis de 300 m, así que ide preparados. En compensación polo esforzo, teredes a satisfacción de estar nunha das paraxes máis espectaculares de Galicia, con rochedos graníticos que forman caprichosas esculturas naturais, especies vexetais únicas e vistas incomparables de toda a Costa da Morte. Camiñaremos por montes que foron sagrados para os habitantes primitivos destes territorios, que se constituiron en escenario para os conflitos de intereses dos señores medievais ou que, incluso, serviron de agocho aos escapados do franquismo.

 Unha excursión que non debedes perdervos.

 Plan de actividades:

  •  Saída dende o Hipercor de Santiago ás 11:00.
  • Reunión, con aqueles que prefiran ir directamente, no miradoiro do Ézaro, en torno ás 12:30 e saída cara O Fieiro.

  • Ascensión ao monte.

  • Xantar na área de descanso próxima ao cumio (lembrade que se trata dunha saída MoBo, así que non vos esquezades de levar unha mochila coa vosa comida).

  • Descenso.

  • Dependendo da hora e dos ánimos, poderíase facer algunha outra visita pola tarde: porto de Quilmas, roteiro urbano por O Pindo…

  • De regreso, merendola no Campo de Berdeogas.

Haberá servicio de furgonetas. Os que esteades interesados, facédeo figurar nos comentarios.

Recordos da saída:


O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Advertisements
  1. #1 por antonia-Duna o 13 Setembro, 2011 - 13:36

    Penso que estarei as 12.30 no Mirador de Ezaro, salvo imprevistos

  2. #2 por Drow Labrador Ret o 16 Setembro, 2011 - 16:09

    Apúntome para ir en furgo (Drow +2)

  3. #3 por Anónimo o 16 Setembro, 2011 - 16:38

    Pablo Freire, vai a ir desde a Laracha no seu coche.

  4. #4 por Pablo Freire o 16 Setembro, 2011 - 16:39

    Pablo Freire vai a ir desde a Laracha no seu coche.

  5. #5 por Pablo Freire o 16 Setembro, 2011 - 16:52

    Perdon pola repeticion, e que son novato ainda.

  6. #6 por Lucía o 19 Setembro, 2011 - 13:19

    Akila y yo también nos apuntamos pero nos vemos directamente en Ézaro. Espero saber llegar sino os damos un toque.

  7. #7 por Anónimo o 20 Setembro, 2011 - 18:27

    Ahh! Es aquí! Vale, que vamos.
    1 perrito y otros dos seres vivos.

    • #8 por Anónimo o 20 Setembro, 2011 - 18:48

      ¿No os parece que está escrito por Marta(Jordy)?

  8. #9 por Iriana - Mia o 20 Setembro, 2011 - 19:58

    Mia-Iriana. En principio vamos y en “Servicio furgoneta”.

  9. #10 por Anónimo o 21 Setembro, 2011 - 10:49

    Shaggy y su cuidador también quieren ir en la furgo ¿es posible??

    • #11 por Anónimo o 21 Setembro, 2011 - 12:07

      O sea que Shaggy lleva al abuelete?

      • #12 por Anónimo o 23 Setembro, 2011 - 10:58

        El abuelete tiene dificultades para acceder al nuevo blog, pero seguro que en persona te responde convenientemente……
        Pasadlo muy bien

  10. #13 por Anónimo o 22 Setembro, 2011 - 18:58

    Tarde, aínque que espero que non demasiado, Tinita e Paula tamén nos apuntamos e, de ser posible, en servizo de furgo.

  11. #14 por Mica o 22 Setembro, 2011 - 20:44

    En principio desde Orense vamos 3 perros y 6 personas. Nos encontramos directamente en el mirador de Ezaro

  12. #15 por ROCKO o 22 Setembro, 2011 - 22:34

    Daniel y Rocko nos apuntamos a furgo, ascension,comida, descenso y merendola. A la Sra. mayor la dejamos en casa con la calceta.

  13. #16 por Anónimo o 23 Setembro, 2011 - 11:00

    Pues mira que a mi me daba más tranquilidad que fuera la señora mayor!!

    Porque hay varios personajes que juntos teneis un peligro!!!!!!!!y por supuesto sabeis a quienes me refiero, que no son precisamente los perros………..

    Feliz ascenso

    • #17 por Daniel o 23 Setembro, 2011 - 11:15

      maria jose,maria jose……, no perdamos la calma

  14. #18 por Quique o 23 Setembro, 2011 - 19:45

    Pancho, Cris e Quique. Imos en coche propio. Vémonos no hipercor.

  15. #19 por pachincandepalleiro o 24 Setembro, 2011 - 10:40

    Pachín, Alma, Inma e Fernando van directamente ao mirador de Ézaro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s