Saída Ponteareas

unnamedO fin de semana do 17,18 e 19 de Xaneiro celebrarase o curso de Educación canina que o Centro de Conducta Animal impartirá en colaboración con Só lles falta falar.
O Domingo 19, formando parte da actividade do curso, realizarase unha saída polo entorno da Casa da Urcela en Ponteareas.

http://www.casadaurcela.com/

Dirección: O Cribeiro, 66 – Cristiñade
36863 – Ponteareas (Pontevedra)

https://www.facebook.com/casadaurcela/page_map

Polo que , aproveitando o curso poderemos realizar a saída do Domingo en compaña dos asistentes ó mesmo.
O punto de reunión será a propia casa Rural, para os que vaian dende Santiago tede en conta que a saída será ás 10:30 na casa rural. Podedes usar os comentarios para organizar a saída dende Santiago
Ademais servirannos a comida na Casa rural da Urcela, o prezo por persoa son 10 €.
Os que queden a comer deberán confirmalo antes do Xoves 16 de Xaneiro para que o do catering teña unha previsión.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:30 casa rural Urcela
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 17 de Agosto.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , , , ,

  1. #1 por pablofreire o 13 Xaneiro, 2014 - 19:43

    Ademais de asistir ó curso. Noa, Seville e Pablo recorrerán Ponteareas.

  2. #2 por Anu Helena Pitkanen o 14 Xaneiro, 2014 - 20:10

    Bico asistirá ó curso e percorrerá Ponteareas co Argo, seu Primo Zumosol.

  3. #3 por elhpra@yahoo.co.uk o 22 Febreiro, 2014 - 00:46

    There is a lot of similar projects that involve the exact laws you mentioned below. I will continue researching on the topic.

Deixa unha resposta a elhpra@yahoo.co.uk Cancelar a resposta