Artigos coa etiqueta vedra

Saída aberta a Vedra

Ola a todos, Intentando combinar o lecer dos aficionados ao sendeirismo co das persoas que gustan de pasar os seus ratos de ocio cos seus cans e aproveitando as rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra ten preparadas para que quen os visite poida coñecer e desfrutar do deste municipio o Concello de Vedra, en colaboración co noso club, organiza una ruta de sendeirismo o vindeiro domingo, 23 de setembro, polo fermoso roteiro de San Xoán da cova, a carón do río Ulla.
A saída será ás 10.00 do miradoiro de Gundián, na parroquia de ponte Ulla, ao pé da antiga ponte do ferrocarril (que é o logo turístico do concello). Transcurrirá ao longo do río ata a antiga ponte da N525, cruzará o núcleo de Ponte Ulla, para continuar polo muiño de Reboredo e seguir a carón do Ulla, pasando a área recreativa de Agronovo, a Casa museo da pesca e o Couto de Ximonde ata a área recreativa de Cubelas en San Pedro de Sarandón.
A actividade cos cans será coordinada por a nosa especialista en conduta Ler o resto desta entrada »

Advertisements

, , , , ,

13 Comentarios