Artigos coa etiqueta praia fluvial

Saída ribeira do Tambre

tambre

Xa recuperados da saída á neve desta volta organizamos unha saída ó lado de Santiago para o vindeiro día tres. Esta ruta é unha nova proposta do concello de Brión, a distancia aproximada é duns 8 ou 9 km. O camiño vai por sendas anchas e en xeral a dificultade é baixa.

Para comer iremos ata unha praia fluvial que hai a uns 5 km do punto de inicio da ruta.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 1 de Marzo.

 O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , ,

26 Comentarios