Artigos coa etiqueta fin de semana

Fin de semana no Cebreiro

Ola de novo a todos. Xa temos preparada unha nova fin de semana canina. Será no Cebreiro os días 20,21 e 22 de Decembro.cebreiro

Unha aproximación á axenda desa saída sería algo así:

– Aloxamento todo para nós do Albergue da Faba.

– Rutas o Sábado e Domingo.

– Concerto do Herbens Consort o Sábado pola tarde na Irgexa do Satuario do Cebreiro.

Iranse poñendo datos máis polo miúdo nos comentarios desta entrada asi que, estade atentos!

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • Venres 20:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Xoves día 19 de Decembro.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , ,

35 Comentarios