Artigos coa etiqueta Ecoloxía

Saída Ecolóxica

O Concello de Vedra convoca para o sábado 16 de xuño unha xornada de concienciación ecolóxica chamada “Luvas verdes”, na que se pretende concienciar, limpar e atopar e marcar vertedoiros incontrolados. O Concello daríanos luvas e bolsas de lixo para ir recollendo plásticos, botellas… que atopemos na nosa andaina
O club propón unha saída ese sábado polas terras de Vedra participando nesa xornada.
Fariamos unha ruta en San Xián de Sales, a 5 Km do “Corte Inglés” Serían dúas rutas circulares máis o enlace entre ámbalas dúas duns 500 metros. Cada unha das rutas son aproximadamente 5 Km; o tempo sobre hora e media (ao ir recollendo lixo e marcando puntos de vertidos podería alongarse). Teriamos dúas posibilidades dependendo do tempo que nos leva a 1ª ruta.


1ª posibilidade. Facer a 1ª ruta e quedar a comer no río a carón do muíño (inicio da 2ª ruta), e facela pola tarde.
2ª posibilidade. Facer todo dun tirón e voltar a comer no río.


Na 1ª ruta sería un paseo polo monte con zonas de eucaliptos, piñeiros e tamén monte autóctono. Non hai case auga.
Na 2ª sería un paseo pola beira do ría e monte. Creo que é unha ruta moi bonita con moitísima vexetación autóctona e algunha carballeira impresionante Hai unhas vistas espectaculares da cidade da cultura desde o aeródromo.

Nas dúas atopariamos prados onde os cans poderían correr e desfrutar.

 

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:30 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 15 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, ,

6 Comentarios