Artigos coa etiqueta cans

Cans aquí si!

Estimado/a compañeiro/a,

como ben sabes, un dos fins de ‘Só lles falta falar’ é a total integración dos cans na sociedade. E por iso, estamos poñendo en marcha a campaña ‘Cans aquí si’. En que consiste? : Creamos uns adhesivos que iremos repartindo por tódolos locales comerciais, tendas, bares e restaurantes, etc… que permitan a entrada dos cans nos seus establecementos. Dende o Club cremos que desprazarse polas cidades cos nosos cans de familia debe ser unha actividade totalmente natural, e que, nos permita realizar as nosas actividades e tarefas diarias con total normalidade. Iremos repartindo os adhesivos entre a xente do Club e entre os locais que apoien esta iniciativa, agardando que en poucos

anos, esta imaxe :           sexa sustituida por esta outra : 

Saúdos.

Advertisements

, ,

Deixar un comentario

Saída Carboeiro

Ola a todos, xa temos lista a próxima saída do club. Desta volta achegarémonos ata o concello de Silleda onde faremos a ruta que vai dende o mosteiro de Carboeiro ata a fervenza do río Toxa.

Como de costume cada un levará algo de comida para compartir. Non esquezades que hai que levar “un pouco”  non a despensa completa!

A saída será o domingo 8 de Xullo, a ruta comeza no mosteiro e durante varios km iremos preto Ler o resto desta entrada »

, , ,

24 Comentarios

Saída Tambre

Ola a todos, esta fin de semana teremos unha nova saída. De novo será preto de Santiago, en Sigüeiro onde pasearemos pola beira do río Tambre. Agardamos que esta nova saída sexa do agrado de tódolos socios.

A ruta é sinxela, plana e serán uns 7-8 km. Como moito levaranos  2 horas.

Está é a ruta que imos seguir:

Ler o resto desta entrada »

, , ,

14 Comentarios

Ruta por Santiago

Ola a todos, logo dun tempo en parada técnica o próximo domingo 15 de Abril faremos unha saída polos arredores de Santiago. Desta vez faremos unha ruta circular con saida no merendeiro do Monte do Pedroso. Dende alí marcharemos cara o  río Sarela , pasaremos pola igrexa da Peregrina e regreos ó merendeiro do Pedroso pasando pola Granxa do Sexto.

A ruta será duns 10 Km aproximadamente e levaranos unhas 3 horas e media.

Organización da saída: Ler o resto desta entrada »

, ,

16 Comentarios