Razas de Laboratorio

         Calquera raza de calquera especie domesticada é una raza de laboratorio. Na biosfera, de xeito natural non existen as razas.

De qué falamos cando dicimos razas de laboratorio?

Pois non estou segura, penso que ten relación con explicacións “caseiras” sobre o comportamento dos cans, e que estas explicacións veñen da falta de coñecemento e de manexo.

É unha distinción natural?

Pois non o sei, coido que cando unha raza é antiga e xeográficamente recoñecible, considérase “natural”, pola contra, se é máis moderna, considérase máis de laboratorio.

 É antes ou despois da euxénese vitoriana?

As virtudes e defectos de calquera raza máis descoñecida, aparecen reflectidas en escritos moi anteriores á época vitoriana. A euxénese só lle dou un verniz de ciencia ao que sempre foi consideración da xente.

Aplícase a tódolos cans ou só ás últimas modas?

Coido que se aplicou sempre, considerar como “bo” o propio, e o “malo” o que ven de fóra. Aínda que, no caso dos cans isto ten moitas excepcións, os cans da zona eran un regalo exquisito entre as xentes ricas, e así acababan chegando razas a distintos lugares xeográficos.

Un mastín de traballo é máis ou menos de laboratorio que un Mini Pinscher?

Exactamente o mesmo, a diferencia viría dada pola calidade xenética do mastín, en canto á ausencia de enfermidades.

 É máis de laboratorio a selección por estándar físico ou por funcionalidade e carácter?

 Ningún can está exento da selección humana. Os cans da rúa que se reproducen segundo un criterio máis natural teñen a carga xenética da domesticación e aínda que leven xeracións de libre reprodución non son lobos.

María Sabell Sierra

Especialista en conduta animal

  1. Deixar un comentario

Deixar un comentario