Saída Razo-Caión

O próximo domingo 5 de maio volveremos a visitar a costa de Razo-Caión. Faremos unha ruta que terá unha lonxitude duns 9 Km aproximadamente. Os primeiros 4 km serán todos pola praia de Razo-Baldaio e o resto ata chegar a Caión será por sendeiros e pistas sempre pegadiños ó mar. Comeremos no merendeiro de Caión con vistas á praia.

Deixámosvos unhas fotos da anterior Saída ás praias de Razo e Caión para que vos animedes!!!

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
    • 11:20 Aparcamento da praia de Razo.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 3 de Maio.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , , , , ,

  1. #1 por pablofreire o 30 Abril, 2013 - 00:29

    Noa , Seville e Pablo van pá celebrar ó día da nai.

  2. #2 por David o 30 Abril, 2013 - 08:47

    David, Marta y Jordee…

  3. #3 por Anónimo o 30 Abril, 2013 - 11:41

    Akila, Rafa y Lucía también se apuntan! Hay q despedir la temporada perruna playera a lo grande!

  4. #4 por Anónimo o 1 Maio, 2013 - 10:49

    ¡Apuntámonos, por fin! Osa, Petra, Leo, Marta e levaremos a Nacho tamén

  5. #5 por Roberto Freire o 2 Maio, 2013 - 07:50

    Lóngora, un Manu Salmantino e un servidor de vostedes apúntase, claro que sí….

  6. #6 por Carmen garcia o 2 Maio, 2013 - 10:11

    Iremos Carmen y chop, también se apunta un invitado (si no hay problema, claro) Roberto y uno de sus perros, todavía no sabemos cual de ellos.

  7. #7 por Trust o 2 Maio, 2013 - 13:59

    Trust tamén irá para levar a Brais, Alfonso e como non á NAI Begoña (no seu día). As fotos do ano pasado animan aínda máis. Encargade bo tempo 😉

    • #8 por pablofreire o 2 Maio, 2013 - 14:19

      Xa sabes, que sólamente Canarias conserva el clima primaveral , pero na Laracha tamén toman boa nota e está garantizado.

  8. #9 por Drow Labrador Ret o 2 Maio, 2013 - 14:21

    Drow+1 e de regalo Nala como estrela invitada. Ademáis tamén veñen Cris e Nika que son unha nova incorporación do Club.

  9. #10 por Aida Garcia o 3 Maio, 2013 - 09:26

    También Trufa, Jorge y Aída se apuntan….

  10. #11 por Anónimo o 3 Maio, 2013 - 09:50

    son maria e ainda non sei a cantos levo

  11. #12 por Inma Varela (@inma_varela) o 3 Maio, 2013 - 12:01

    Inma, Vicente, e Chisca (si non morremos na andaina de mañá: 50km!!!)

  12. #13 por antonia o 3 Maio, 2013 - 13:27

    Eu conto con poder ir, excepto algunha celebración na que me reteñan polo día…se me deixan libre vou ao parkin de Razo as 11.20, con DUNA (aínda mais deseosa de ir que eu, pola de asistencia que se prevé)

  13. #14 por Rosa Villar Cordovés o 3 Maio, 2013 - 17:16

    Eu vou, creo que con Rosa. Ah! Son Lupa (a lagarta)

  14. #15 por mica o 3 Maio, 2013 - 19:23

    Mica y Lupa con sus dos humanas vamos directamente a Razo

  15. #16 por Anónimo o 4 Maio, 2013 - 09:29

    Provi e Rosa tamen se apuntan

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s