Dez preguntas para Benigno Paz

1.Cando tiveches o teu primeiro can?

De cativo, cando tiña sete ou oito anos, aínda pasaban carros pola estrada de Ourense. Un deles atropelou un saíndo da casa sen correa, chámase Safi.

2. Que aspectos non debemos esquecer á hora de educar un can?

Que precisan dunha boa socialización, na etapa de cachorros, para poderen adaptarse ás nosas demandas e que están todo o tempo atendendo.

3. Cambiou a túa concepción respecto do que é a educación dun can?

Si, claro! Cambiou e evolucionou moitísimo. Cambiaron os enfoques, as técnicas, os medios… todo.

4. Que opinas da prohibición de levar os cans ceibos?

Considero que en certos lugares ten sentido, por seguridade para o can e por respecto ás persoas ás que non lles gusta estar en contacto con eles. Noutras situacións é absurdo. Os propietarios tamén deberiamos amosar que somos capaces de controlar os nosos cans e que podemos evitar que interaccione con outras persoas que están no parque, por exemplo.

5. Que che parecen programas de TV coma “El encantador de perros”?

Nunca o vin, non teño televisor. Nalgunha ocasión vin algún fragmento na internet e paréceme terrible, lamentable, puro maltrato. Pura imposición pola forza, ignorando por completo os principios básicos da aprendizaxe. Sorprende que compañías de gran prestixio, ata o de agora, apoien este tipo de programas.

6. Cal foi o mellor e o peor momento que viviches co teu can?

O mellor é todos os días durante o paseo, véndoa correr, cheirar e gozar. O peor cando a un dos meus cans lle tivemos que amputar unha pata, hai anos, logo dun accidente.

7. Que poden achegar os nosos cans á sociedade?

A posibilidade de achegarnos aos demais, de poder conversar cun sorriso, ofrecernos a posibilidade de pornos no lugar do outro, dese outro que non fala o noso mesmo idioma.

8. Que supón o teu can na túa vida?

Un sorriso, unha compañeira de camiñatas, unha ollada relaxada e tranquila de apoio. O entusiasmo diario e incondicional, sempre disposta co “Vale, apúntome!”

9. Hai algunha actividade especial que realices co teu can?

Simplemente pasear e gozar xuntos, sen ordes nin regras.

10. Que podemos facer para que os cans e os humanos poidan convivir mellor?

Comprender as súas necesidades, dedicarlles tempo e integralos na vida familiar.

  1. #1 por Mamen Jiménez o 1 Marzo, 2013 - 12:15

    Gracias Benigno, de acuerdo contigo. Eu tamén son da Terra da CHISPA, pero emigrante en Noia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s