Benigno Paz (II): “Calquera raza pode ser válida para un can de asistencia”

Portada do libro Perros de asistencia, de Alison Hornsby (Kns, 2012)

Portada do libro Perros de asistencia, de Alison Hornsby (Kns, 2012)

Na anterior entrevista xa sinalamos que Benigno Paz tiña unha importante traxectoria coma instrutor de cans guía. Ademais, un dos últimos títulos que incorporou a editorial Kns ao seu catálogo é precisamente Perros de asistencia de Alison Hornsby. Aínda que pensemos en persoas cegas coma as beneficiarias do labor dun can, son moitos os colectivos os que se están a beneficiar do traballo dos nosos amigos. ELISEU MERA

Pregunta. Como se pode formar alguén para ser instrutor de cans guía?

Resposta. A mellor opción é marchar ao estranxeiro. En xeral, as escolas de adestramento crían elas mesmas os cans cos que traballarán, forman os instrutores e danlles logo traballo. En España só a ONCE ten capacidade de facer todo isto pero, como prepara persoal para consumo interno, só tres ou catro persoas tiveron a posibilidade de formárense nos últimos vinte e cinco anos. En Inglaterra está todo moito máis estandarizado e hai máis posibilidades formativas.

P. Ademais de apoiar as persoas cegas, que outras funcións poden cumprir os cans de asistencia?

R. Está claro que a función que ten máis visibilidade social é a de asistencia de persoas cegas, pero tamén son de grande axuda para persoas xordas ou coas máis diversas discapacidades, temos cans de terapia, de asistencia a colectivos tan dispares coma nenos autistas, presos…

P. Cales son as razas máis empregadas para cans de asistencia?<

R.Para persoas cegas o habitual son os Labrador Retriever, Golden Retriever ou cruce de ambos as dúas. Tamén podemos atopar o Pastor Alemán, pero en moita menor medida. En función da discapacidade, pode darse o caso de que haxa xente que, por problemas de mobilidade precise de cans pequenos polo que, na práctica, case calquera raza pode ser válida coma Rottweiler, Border Collie… Ás veces cans guía “xubilados” que traballaron con cegos cambian de función e pasan a asistir nenos autistas. Pese a que cada escola adoita ter o seu propio programa de cría, para determinadas actividades pode que se recollan cans de canceiras.

P. Nun dos libros do voso catálogo, Perros, Coppinger amósase moi crítico co trato aos cans de asistencia a cegos pola presión á que se ven sometidos, como ves esta cuestión?

R. Ante todo, debemos recoñecer que Coppinger é unha persoa con moita experiencia, pero está claro que o mundo perfecto non existe. Non é necesariamente certo que un can de asistencia viva menos anos. Pode botar dez ou doce anos traballando e logo vivir tres ou catro anos mais. Se a media de vida dun retriever anda nos doce ou trece anos coido que non está nada mal. Ademais, un can guía pode estar as vinte e catro horas do día acompañado dun humano e entrar en calquera recinto, o cal supón todo un privilexio respecto de calquera outro conxénere.

P. Logo, por que dis “non necesariamente”?

R. Porque sería necesario que se realizase unha maior supervisión das condicións de vida do can. Ás veces o dono non o sabe entender ben e iso é o que lle pode aumentar o nivel de estrés. Tamén é certo que non é o mesmo traballar nunha cidade galega ca noutras máis grandes nas que os cans teñen que andar pendentes do metro ou de constantes cambios de medio de transporte.

P. En que consiste o proceso de formación dun can guía?

R. Os cachorros adoitan estar na escola ata as doce semanas. Logo pasan a vivir cunha familia ata que cumpren o ano, se se trata dun can pastor estará ata o ano e medio aproximadamente. Na escola empezan o período de formación que dura arredor de dez ou doce meses, co que a partir dos dous anos xa están perfectamente preparados. O usuario está unhas tres semanas co can e marcha logo para a súa casa coa axuda dun instrutor que o supervisa o terreo durante un ou dous días.

P. Resulta caro obter un can guía?

R. Os cans guía non se venden, velaquí un dos problemas de poder financiar todo o sistema. Considérase que son un ben social non susceptible de seren comercializados. En España, para unha persoa cega, o único requisito é ser maior de idade e estar afiliada á ONCE, que ten o monopolio na formación dos can, e a maior produción, pero tamén está a Fundación Perros de Asistencia y Animales de Terapia (PAAT) de Zamora que, dende hai uns anos, ofrece cans guía a persoas cegas de diversas nacionalidades.

Advertisements

, , , ,

  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s